Un recipiente cerámico vinculado aos momentos iniciais do Neolítico evidencia a penetración da agricultura no noroeste peninsular.
O Museo Provincial de Lugo exhibe unha colección temporal con pezas únicas das covas de Eirós (Triacastela), Valdavara (Becerreá) e Valiña (Castroverde).
O Consello da Xunta deu luz verde ao decreto de protección deste xacemento arqueolóxico que é un dos berces da arte rupestre galega.
ADEGA teme que a Xunta faga primar os intereses da canteira e deixe caducar o prazo de resolución de BIC, o que condenaría ó xacemento a permanecer durante outros dous anos sen protección.
A asociación medioambiental descoñece se a Consellería de Cultura recolleu as achegas ao expediente presentadas o 2 de xuño de 2017.
  comenta   0
A cementeira Cosmos presume dun premio por protexer este BIC logo de que un sentenza lle prohibira explotar unha canteira próxima. Diversas asociacións denunciaron nos últimos anos que as actividades desta empresa afectaban a esta cova prehistórica que conserva as primeiras evidencias de arte rupestre paleolítico do noroeste peninsular.
  comenta   3
O arquipélago de Sálvora, a Ribeira Sacra, a Cova Eirós, o Pazo de San Isidro, o campamento Aquis Querquennis e a carpintaría de ribeira aspiran a conseguir a distinción antes do 2020. Pontevedra é a provincia con maior número de BIC, principalmente pola súa arqueoloxía, seguida da Coruña, Lugo e Ourense.
  comenta   0
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visita esta alfaia da arqueoloxía galega.
  comenta   1
O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo anulou a licenza outorgada en 2014 polo Concello tras o recurso da Asociación Cultural O Iribio. A alcaldesa Olga Iglesias (PP) anuncia que recorrerán a sentenza, accesible en GC.
  comenta   1
Adega e a Asociación Autonómica e Ambiental Petón do Lobo critican á Xunta por tentar favorecer os instereses dunha multinacional. Piden que o expediente tamén teña en conta outros bens patrimoniais, como o Camiño de Santiago, un camiño real e cinco covas máis.
  comenta   0
As novas datacións confirman que o grupo de neandertais que ocupou este espazo en Triacastela foi un dos últimos que habitaron no norte da Península antes da chegada dos homo sapiens.
  comenta   0
A empresa Cosmos, propietaria da mina de Ourol, inviste diñeiro para axudar nas escavacións, a pesar das críticas que pesan sobre as súas actividades, ao toparse moi preto da cova.
  comenta   1
Investigadores da Universidade de Santiago, do IPHES e das universidades de Ferrara e Tübinge estudaron restos e condicións deste enclave e conclúen que a desaparición das poboacións neandertais debeuse a unha combinación de diferentes factores, entre eles, o estrés causado pola chegada do Homo sapiens.
  comenta   0