O cambio climático e os seus efectos xa están aquí, avanzan a un ritmo moito máis rápido do que se podía predicir. O uso de renovables non é suficiente para cubrir a demanda de enerxía do mercado actual e os expertos apuntan tamén a compatibilizala coa enerxía fósil. Tamén algunhas empresas apostan por iniciativas verdes para compensar a pegada do carbono.
  comenta   0
Aumentan tamén as zonas áridas na península ibérica e a temperatura do mar na costa galega incrementarase entre 2 e 4 graos este século. Durante 2019 emitíronse 22,43 millóns de toneladas de CO2 equivalente en Galicia.
  comenta   0
Un proxecto piloto realizado durante catro anos mostra que se pode reducir un 55% as emisións de gases de efecto invernadoiro en todas as actividades portuarias, cumprindo así os obxectivos do Pacto Verde Europeo para 2030.
  comenta   0
Lugo, A Coruña e Vigo acollerán talleres para presentar claves prácticas para facer fronte á emerxencia no plano local.
  comenta   0
Un estudo con participación galega realizado nas 17 comunidades autónomas constata que as mulleres son máis vulnerables ás temperaturas extremas, aínda que se están adaptando mellor ao quecemento global. Entre o 1 de xuño e o 13 de setembro houbo 232 mortes atribuíbles á calor en Galicia, 146 mulleres e 86 homes.
  comenta   0
Fronte á angustia que pode xerar a crise climática, a mocidade activista apela a organizarse e procurar apoio á calor das redes veciñais e movementos sociais.
  comenta   0
Científicos avisan de que o quecemento do mar desprazará ameixas, berberechos e mexillóns desde zonas máis interiores cara ao exterior das rías e limitará o seu crecemento e reprodución, causando “cambios socioeconómicos”.
  comenta   0
Unha onda de calor histórica azouta a península ibérica. E aparellada trouxo ducias de incendios que arrasan miles de hectáreas de norte a sur e de oeste a leste, destruíndo espazos de incalculable valor natural e ameazando núcleos de poboación. Os expertos avisan de que as vagas de calor e de lumes serán cada vez máis habituais e intensas.
  comenta   2
Juan Casares Long e José A. González son os autores da tradución deste informe publicado en 1972 que anticipou a necesidade de declarar a situación do planeta como de emerxencia.
  comenta   0
Mantense a prealerta de secura en toda a conca hidrográfica Galicia-Costa. Ethel Vázquez pide aos concellos plans de emerxencia de seca e cuantificar as perdas por fugas na rede de abastecemento.
  comenta   0
Os episodios de secura estanse intesificando desde a década de 1960, cun aumento especialmente significativo da súa duración, severidade e frecuencia nas últimas dúas décadas, segundo un estudo. Actualmente, toda a demarcación hidrográfica Galicia Costa está en prealerta por seca.
  comenta   0
'Galiza, un futuro sen carbón' insiste en que o gas fósil non pode ser o novo carbón, polo que urxe planificar o peche dos ciclos combinados galegos para antes de 2030.
  comenta   0
Científicas da Universidade de Vigo avisan de que os eventos de calor extrema aumentarán en España nos próximos anos. Outros estudos con participación galega achegan máis avances e coñecemento para comprender e combater o cambio climático.
  comenta   0
Científicos advirten que isto podería provocar aínda máis incendios forestais no futuro.
  comenta   0
O científico Daniel Franco Ruiz, especialista en calidade nutricional da carne, aborda nesta entrevista cuestións actuais do sector gandeiro e a industria cárnica. Recoñece que non se debe abusar, pero tampouco suprimir totalmente o consumo de carne, aposta por potenciar a produción extensiva, aínda que recoñece a utilidade das explotacións intensivas para subministrar carne a toda a poboación. "Os animais criados en extensivo si é certo que desenvolven o seu comportamento natural, fan máis exercicio, etc., pero non necesariamente hai mellor benestar animal; iso depende", asegura.
  comenta   0
Galicia, como potencia na industria acuícola, está experimentando con éxito coa chamada acuicultura multitrófica integrada para reducir o volume de residuos. Expertos alertan da vulnerabilidade deste sector ao cambio climático e a crises inesperadas como a pandemia causada polo coronavirus SARS-CoV-2.
  comenta   0
Os meteorológos alertan de marcas moi próximas aos 1.000 litros por metro cadrado, unha liña vermella que podería estar máis preto pola crise climática.
  comenta   1
Investigadoras das universidades de Santiago e A Coruña comprobaron que durante a pandemia se reduciu a cantidade de publicacións en Twitter sobre o cambio climático. Varios estudos apuntan a unha relación entre a crise sanitaria e a climática.
  comenta   0
Galicia é a segunda CCAA que máis contribúe á crise climática polas emisións destas granxas, segundo Greenpeace.
  comenta   0
Os cada vez máis habituais episodios de choivas torrenciais contribuirán á perda de salinidade do mar e aumentarán a mortalidade destes bivalvos, segundo un novo estudo.
  comenta   0
Varios estudos apuntan a un escenario futuro moi complicado, cun aumento xeral das temperaturas máximas, dos días de calor extrema e dos períodos de seca.
  comenta   0