Lalín acolle unha homenaxe ao ex dirixente do PPdeG no décimo aniversario da súa morte que contará co presidente do Parlamento. Rafael Cuiña, fillo do homenaxeado e actual alcalde de Lalín, subliña o carácter "persoal" do acto e agradece a "grandeza" de Santalices.
  comenta   6
Un informe realizado polo Goberno de Madrid sobre o panorama político e mediático realizado uns meses despois do afundimento do Prestige destacaba a división interna entre os da boina, representados en Xosé Cuíña, e os do birrete, representados por Romay Beccaría. Tamén criticaba a falta de control da información e apostaba por iniciar unha política mediatica de “subvenciones” e de entrevistas personales cos directores de varios medios, entre eles, La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou El Correo Gallego.
  comenta   4
O alcalde de Lalín denuncia un "intento de linchamento" e de "xudicializar a vida política" por parte do PP. "Hai episodios neste capítulo que corresponden a unha cazaría política que pronto se van saber, e eu me vou encargar de que se saiba", avanzou.
  comenta   9
O alcalde de Lalín resta importancia á denuncia presentada pola concelleira do PP Eva Montoto a raíz dunha polémica recollida de sinaturas contra unha moción dos populares.
  comenta   6
Ana Pontón reuniuse con Rafa Cuíña en Lalín e lembra que, coa repetición das xerais, hai unha oportunidade para recuperar “voz propia” en Madrid.
  comenta   17
Os dous concellos de Pontevedra sumarán 6.160 habitantes e 214,5 quilómetros cadrados e terán facilidades a fondos especiais da Xunta por fusionarse. Sen embargo, non se desvela a súa estrutura de funcionamento. Rafa Cuíña aposta por abrir conversas para ampliar este modelo á comarca do Deza.
  comenta   5
O ex presidente e ex vicepresidente do bipartito asistiron a unha tese sobre os últimos tempos do seu goberno realizada polo politólogo e dirixente de CxG, Paulo Carlos López.
  comenta   14
Os dous líderes políticos simpatizan nun acto da Feira do Cocido. O presidente da Xunta aposta porque este evento gastronómico teña recoñecemento internacional e lembra que Galicia "é un país aldeán".
  comenta   16
"Estou convencido de que de fóra nunca virá remedio nin esperanza", di o alcalde pontevedtrés. Cuíña téndelle unha man ao Bloque e cre nececesario que participe nun gran pacto.
  comenta   10
Compromiso reproducirá o vindeiro 23 de xaneiro, en parte, o debate que xa tivo antes dos comicios. Na Executiva desta fin de semana as posicións estiveron encontradas. Rafael Cuíña considera xa "inevitable" esa confluencia.
  comenta   18
Cuíña suprime a investidura dos comendadores do cocido e a comida entre personalidades por un xantar solidario. Instaurará un premio para a “Aldea Singular” de Lalín e haberá tamén o 5 de marzo un 'Cocido LGTB' para dar visibilidade a lesbianas, homosexuais, transexuais e bisexuais.
  comenta   21