O día 25 de xullo trae ao meu maxín vellas lembranzas do comezo das primeiras convocatorias do Día da Patria Galega en tempos da ditadura franquista, e dos inicios da miña militancia no galeguismo, que ten unha data: o 25 de xullo de 1965 na chamada Misa de Rosalía celebrada en San Domingos de Bonaval. Foi a primeira vez que tal acto litúrxico se realizaba en lingua galega na historia de Galicia. Ali estiven de axudante do Padre Seixas, que oficiaba o acto litúrxico.
  comenta   0
Mocidade pola Independência volveu saír ás rúas de Santiago nesta véspera do Día da Patria baixo o lema 'A mocidade galega pasando á ofensiva'. GC conversa con Xurxo Longueira (Longui), membro da coordinadora nacional.
  comenta   0
A manifestación do BNG arrincará ás 12,00 horas da Alameda e desembocará na Praza da Quintana de Santiago de Compostela.
  comenta   0
Tras o parón pola pandemia deste tradicional festival organizado con motivo da celebración do Día da Patria, o evento regresa ao campus sur de Santiago.
  comenta   0
Os socialistas destacan o papel histórico do seu partido na ofrenda a Castelao, con nota musical de Emilio Batallán.
  comenta   1
Utilizou o galego na tradicional Ofrenda Nacional na que participaron por primeira vez tamén as súas dúas fillas. Di que o Apóstolo Santiago "simboliza a unidade".
  comenta   2
Ana Pontón chama ao Bloque a "non porse límites" e, ante a presenza da Casa Real, a "xogar na liga das nacións". Os miles de asistentes á manifestación aclamaron á líder nacionalista a berros de "presidenta".
  comenta   30
Está prevista a presenza da Familia Real e do presidente do Goberno Pedró Sánchez, que participará no Real Padroado de Santiago 18 anos despois da última convocatoria.
  comenta   0
Chega o 25 e con el a celebración do Día da Patria Galega, Día Nacional de Galicia ou Día de Galicia, que coas tres denominacións son convocadas concentracións para festexaren unha data moi significativa no calendario sentimental dos galegos e galegas. Galicia enteira acudirá aos chamamentos que fan partidos políticos e sindicatos. En todos eles apelarase á galeguidade con cadanseu matiz. Mais o que nos debe preocupar é que todos os discursos que se pronunciarán teñen algo en común: a retórica da abstración, máis ou menos cargada de bombo.Galicia non pode ser unha abstración. É unha Terra que se ve, que se ole,que se apalpa… dixo Vicente Risco. O Foro E. Peinador hai ben anos que ben dirixíndose aos cúmios das organizacións convocantes para que concreten a idea de Galicia que lles queren transmitir ás súas hostes. Nese intento non tivo nunca éxito. O pedimento que se lles fixo caeu en saco roto. Débelles parecer unha nimieza ou impertinencia dirixírse aos seus seguidores instándoos a escolleren preferentemente produtos galegos no seu consumo cotiá. O razoamento de tal solicitude está debidamente xustificado: as industrias agroalimentaria precisan de consumidores que as fagan viables e non sucumban ante a voraz competencia de produtos foráneos que atopan nas grandes superficies e supermercados todas as facilidades para a comercializan dos seus produtos que se lles negan aos nosos. Hanse referir os que pronuncian os discursos conmemorativas, como é costume neles, a nosa condición de nacionalidade que sofre as políticas marxinadoras do Estado. Non seremos nós os que neguemos que así é. Pero reprochámoslles aos concelebrantes a perversa disociación das características que definen a nacionalidade. Castelao, a quen se citará en todos os actos, enumerou as características de Galicia: idioma, territorio e vida económica propia, amais dos hábitos sicolóxicos refletidos nunha comunidade de cultura. Características indisociables. Mais o certo é que cadaquén, esgazando a unidade que conforman todas, adoitan facer fincapé nun ou noutro aspecto segundo lles conveña ao seu credo político. O máis que poden facer é utilizar os catro conceptos para arrebolarllelos aos contricantes criticándolles as súas políticas. Ninguén apela á galeguización da economía, por exemplo. O Foro E.Peinador na misiva que lles enviou ás organizacións políticas e sindicais dílles que “a economía debe ser galeguizada, nomeadamente no ámbito agroalimentario. As explotación agrícolas e industrias de transformación do sector precisan do apoio dos consumidores para sobreviren e producir fixación de poboación no rural. Por idénticas circunstancias de dificultades pasa o noso idioma, que non acaba de ter a presenza que debera ter nos ámbitos sociais e económicos. Os nosos produtos e lingua galega porecisan do apoio dos consumidores para afortalaren es alianza estratéxica que define a Galicia como nacionalidade”. As organización receptoras do chamamento deberían practicar unha política pedagóxica de rente o chan, chamándolle ao pan pan e o viño viño; é dicir, “consideramos oportuno que desde as tribunas dos oradores se lles demande ao asistentes, de maneira expresa, clara e contundente, que nas compras cotiás elixan produtos etiquetados en galego. Porque deste xeito os consumidores terán a oportunidade de manifestaren un galeguismo verdadeiramente transformador”. De non mudaren o discurso, o demais é falar por falar. Hai que superar a diglosia no consumo. E un derradeiro prego, agora dirixido aos militantes máis conscientes desas formacións sindicais e políticas: demándenlles aos seus dirixentes que nas convocatorias do próximo día 25 se pronuncien sobre este asunto tan decisivo para nós coma pobo. A unidade fai a forza. Ramón Cabanillas, o noso poeta máis reivindicativo expresouno poeticamente nestes versos: “ Galicia, Nai e Señora, sempre garimosa e forte: preto e lonxe; onte, agora, mañá...na vida e na morte!
  comenta   0
Arredor dun milleiro de simpatizantes clamou por "unha Galiza ceibe" na Praza da Quintana, coincidindo coa visita de Felipe VI a Santiago.
  comenta   14
Milleiros de persoas ateigaron a Praza da Quintana e as rúas de Compostela na tradicional manifestación do BNG neste Día da Patria Galega. Ana Pontón, que considera que esta mobilización "marca o remate dun ciclo político", chamou ao país a "levantarse e conquistar un futuro mellor".
  comenta   2
"O goberno debe representar ao pobo, tamén ao que vota independentista", apunta o seu voceiro, Antón Sánchez.
  comenta   5
O PSdeG volve a Rianxo. O nacionalismo e independentismo van divididos, igual que Anova, Podemos e Esquerda Unida, a pesar de estar aliados na Cámara galega. O PP adiantou os actos para o 23 de xullo.
  comenta   7
As organizacións nacionalistas volven organizar actos separados. Por outro lado, o PP homenaxeará o 'Balbino' de Neira Vilas e o PSdeG volve a Rianxo. En Marea e Podemos escollen como 'leit motiv' dos seus actos o ecoloxismo e o feminismo, respectivamente.
  comenta   5
Ana Pontón critica que Galicia "está desaparecida" no proceso de investidura de Pedro Sánchez: "As solucións aos problemas non van vir de Madrid", di.
  comenta   24
A televisión e radio galega preparan unha programación especial con motivo da semana de Galicia. Haberá programación especial baseada en documentais, reportaxes, películas e retransmisións en directo desde os lugares máis destacados da capital galega, ademais dunha gala especial para o día 25 de xullo.
  comenta   2
Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, celebrará a súa tradicional homenaxe a Rosalía de Castro e Castelao o vindeiro mércores 24, véspera do 25 de xullo, xornada na que se conmemora para os nacionalistas o 'Día dá Patria Galega'.
  comenta   6
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, convidou aos galegos que viven en territorio nacional e internacional a "celebrar con orgullo e con espírito de unidade" o Día de Galicia.
  comenta   0
Os pobos, nacións e estados que compón Europa, e a U.E. teñen diferentes prioridades políticas, económicas e sociais. O 25 de xullo de 2018 quedou patente na Ofrenda ao Apóstolo Santiago.
  comenta   0
Hai moitas "María Victoria Moreno" por aí adiante, persoas chegadas de fóra que namoraron de Galicia e fixeron seu o idioma e a cultura do país. Este 25 de xullo, o GC dá voz a unha vallecana, unha uruguaya, unha belga, un escocés, e un rapaz que pasou a súa nenez e mocidade en México. E o certo é que, máis alá de actos e reivindicacións políticas, é a xente, os galegos de aquí e os de alá es os que se senten galegos, os que conseguen facer unha verdadera Patria en Galicia.
  comenta   0
No ano 813 o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, seguindo as indicacións do ermitán Paio, atopa un enterramento dun suposto apóstolo entre a maleza no lugar do compostellum ou campus stellae. Desde entón o mito de Santiago non deixou de crecer.
Ante miles de persoas concentradas na Praza da Quintana, Ana Pontón reivindica o carácter republicano do Bloque, critica a nova viraxe do Partido Popular e volve a insistir na transferencia da AP-9 e na recuperación do Pazo de Meirás. A pesar de expresar a súa solidaridade co procés catalán, evitou falar de independencia. Por outra banda, centos de persoas convocadas por Causa Galiza fixeron da independencia o seu principal lema.
  comenta   23
Luís Villares cre que "sería formidable" repetir a imaxe de unidade cos referentes do encontro de Compostela Aberta. No acto de Compostela estivo Mónica Oltra, de Compromís; Davide Rodríguez, de Anova; o ex de Podemos, Pancho Casal; a eurodeputada Lidia Senra ou a concelleira de Compostela Aberta Concha Fernández.
  comenta   4
CxG, PDdeCat e PNV, estiveron xuntos no Panteón de Galegos Ilustres neste 25 de xullo. Case dous meses despois da moción a Rajoy e días despois da chegada de Pablo Casado á presidencia do PP, Compromiso e PNV fan lecturas destes acontecementos e o que podería pasar para as autonómicas de 2020.
  comenta   0
Os nacionalistas aparcan as reivindicacións de independencia no lema do 50 aniversario da tradicional marcha nacionalista pola capital Galicia e apostan polo lema: "Unha idea clara. Sumar por Galicia".
  comenta   0
Os partidos galeguistas, nacionalistas e independentistas celebrarán o Día da Patira por separado. As formacións que conforman En Marea tamén irán por libre con distintos actos en Galicia. O PSdeG fará unha ofrenda en Rianxo e o PP homenaxea a Albor.
  comenta   3
Dende o concello sinalan que hai que "dar un paso adiante como pobo" e facelo sumando as diferenzas porque existen "diferentes visións do País".
  comenta   3
A falta de visibilidade de Galicia no exterior non compete só ás autoridades públicas senón a todos e cada un de nós.
  comenta   0
Está rulando polas redes sociais un novo anuncio publicitario chamando ao consumo de produtos galegos etiquetados no noso idioma. Unha creación de Pio García Audiovisuais, S.L. para o Foro Peinador - Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística que en pouco menos de corenta e oito horas acadou máis de oito mil reproducións. Pódese visionar na páxina www.galeguizargalicia.com
  comenta   0
A candidata nacionalista á Alcaldía de Santiago subliñou que o "proxecto inclusivo do nacionalismo" quere " integrar e sumar a todos aqueles grupos que busquen a conquista dos dereitos nacionais do país".
  comenta   5