A asociación Divulgacción aposta por un debate telemático sobre o I+D para as vindeiras eleccións .
  comenta   0
Os deputados Luca Chao, Marcos Cal e Julia Torregrosa, entre os 93 candidatos ás primarias de Podemos Galicia. Caen Carmen Santos e Paula Quinteiro.
  comenta   1
Bruzos retorna á política activa nove meses despois das polémicas primarias á dirección de En Marea nas que encabezou a lista do sector crítico con Luís Villares.
  comenta   2
Ofrece a EU, Anova e a algunhas mareas locais abrir un "diálogo" fóra de En Marea tras a derrota de David Bruzos nas Primarias desta formación. Xustifica a decisión nun informe que encargou a un informático e que detectou "irregularidades" no proceso.
  comenta   14
As 14 persoas electas pola candidatura 'Entre Todas' non tomarán posesión do seu cargo no Consello, xa que continúan sen recoñecer os resultados das primarias. Seguen á espera do resultado da auditoría externa que certifique a validez do proceso.
  comenta   1
O comité electoral fixo público o reconto final, sen variacións nos votos respecto dos datos provisionais. A candidatura 'Coidando a casa' impúxose co 59'24% dos votos fronte ao 40'76% de 'Entre todas'.
  comenta   3
A lista 'Coidando a Casa' obtivo 1.596 sufraxios, mentres 'Entre Todas' quedou en 1.098. O sector liderado por Bruzos esixe unha auditoría e non descarta tomar medidas legais.
  comenta   16
O sector crítico 'Entre Todas' concorrerá finalmente ao proceso de primarias á dirección de En Marea, a pesar das reticencias de Podemos e de Esquerda Unida.
  comenta   12
Di que "sería unha mágoa" que "negasen aos seus inscritos" poder votar. Únese así ao chamamento de Anova e dos alcaldes da Coruña e de Compostela a participar do proceso.
  comenta   3
Vázquez Verao, afín a Villares, di que o proceso ofrece "plenas garantías" e o sistema é de "total confianza". Anova xa pedíu ao sector crítico que vote, mentres que Podemos e EU poderían retirarse.
  comenta   1
O sector oficial desta formación chama a converter as votacións, fixadas até o día de Noiteboa, "nun revogatorio" contra Villares.
  comenta   3
Ao perder a xustificación obxectiva que facilitou a constitución de en Marea, é inútil seguir gardando as aparencias cando máis aló da súa simulada convivencia harmónica o que percibe o electorado, non só non reporta en positivo senón que resta.
  comenta   9
Sobre as declaracións de David Bruzos culpando da crise interna a Luís Villares, este reivindicou que ese tipo de afirmacións demostran "que non se entende a división de funcións que hai en En Marea".
  comenta   0
Nunha reunión mantida este sábado decidíronse seis "medidas técnicas" co fin de que a Comisión de Garantías permita a celebración das primarias. Para David Bruzos esta xuntanza "non ten lexitimidade" e insiste en que se debe retomar o proceso.
  comenta   12
David Bruzos acusa a dirección de buscar "que non se vote" e esixe a Villares e a coordinadora que asuman "responsabilidades". Ferreiro e Noriega coinciden na necesidade de celebrar canto antes as votacións logo dos resultados da auditoría.
  comenta   14
A ruptura desta formación é total e o seu futuro podería ser decidido por un xuíz. O grupo parlamentario está a piques de divirdirse entre villaristas e podemitas, e un deles acabará no Grupo Mixto. Podemos e IU non descartan liderar un novo espazo político. E mentres parte da esquerda e do nacionalismo en Galicia se desintegra, rexurde con forza a ultradereita. Esta é a crónica dun esperpento propio de Valle-Inclán.
  comenta   17
O sector de Podemos, Eu e Anova presume do espectacular crecemento do censo que xogaría ao seu favor e incide na “pluralidade” do seu modelo. O de Villares e as mareas municipalistas destaca a importancia de poñer o aceno no aspecto ideolóxico e nas esencias de En Marea, que se fundou sen a tutelaxe dos partidos políticos e cun perfil marcadamente galego.
  comenta   13
Jorge Suárez recomenda ao portavoz de En Marea non acudir "ao e ti máis" e mostra o seu apoio á candidatura liderada por David Bruzos.
  comenta   3
Insiste que fronte a outra lista, a súa "non está pactada pola cúpula dos partidos" e lembra que inclúe a 17 mareas locais e cun alcalde dunha delas en postos principais.
  comenta   2
Marcos Cal e Paula Quinteiro esquivan valorar se o proceso da lista alternativa a Villares estivo "tutelada" pola súa formación.
  comenta   2
Destaca que o seu modelo é o dun movemento no que os inscritos "son os que deciden o rumbo político de En Marea" fronte a outro no que hai "dependencias de espazos políticos que son externos á Marea".
  comenta   2
Pon en valor a "diversidade" da lista que integra e cualifica de "riqueza" o acordo acadado entre estes partidos e as mareas da Coruña, Compostela e Ferrol a última hora pola diferencia nas cotas e nos postos.
  comenta   14