O Concello vén de recibir unha subvención de 663.994,76 euros para mellorar a EDAR e a rede de saneamento da comarca, e unha subvención de 710.821,10 euros concedida pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia para a creación dunha nova gardería pública.
  comenta   0
Goretti Sanmartín e o Foro Cívico repasaron os asuntos "de maior interese" para a cidade, como a parcela de Peleteiro, o orbital ou o aparcadoiro do CHUS.
Os e as mariscadoras da ría de Arousa denuncian que a elevada mortaldade de ameixa e berberecho, así como afectación nas bateas, ten como responsable a falta de coidado da ría. Apuntan a verteduras incontroladas, aumento de temperatura na auga e sobre todo, de falta de salinidade na ría, como elementos determinantes nas perdas económicas que están sufrindo.
  comenta   0
O prazo do contrato licitado en setembro é de 27,5 meses máis un mes para a elaboración do plan integrado de xestión de obras para a execución desta nova depuradora.
  comenta   0
A expropiación que sairá publicada nos próximos días afectará a terreos de 22 propietarios que, unha vez finalicen as obras, recuperarán os seus terreos tal e como estaban antes da ocupación temporal. A nova EDAR estará deseñada cunha capacidade de 1.000 metros cúbicos por día e dará servizo 8.342 habitantes.
O PP local pediu ao BNG que aclare "cal será a repercusión das tarifas do recibo da auga que pagan os veciños de Santiago polo tratamento e depuración".
  comenta   0
"A situación aseméllase á dun sumidoiro a ceo aberto. Os niveis de contaminación rexistrados nos últimos anos na Foz do Miñor, non fixeron máis que aumentar", denuncia Ecoloxistas en Acción.