Mario Moreno, novo delegado da Cadena Ser, El País, Cinco Días y As en Galicia.
  comenta   1
Os lectores de El País elixen Rodas, As Catedrais, A Lanzada, Carnota, Barra e Corrubedo como algúns dos máis belos areais.
  comenta   0
Alén da diversidade de temas recollidos no programa, o central xirou ao redor das reivindicacións tradicionais do feminismo: a fenda de xénero, o teito de cristal, a linguaxe inclusiva, a violencia machista, etcétera; tratadas de forma manifesta polas xornalistas do diario El País especializadas nesta materia; e de maneira implícita ou colateral por outros relatores e polas dúas moderadoras das intervencións.
  comenta   0
O xornalista galego, de 53 anos, que dirixiu a edición de Galicia ata a súa desaparición no 2015, atópase xa en São Paulo liderando a edición brasileira do xornal do Grupo Prisa cunha vintena de persoas na redacción.
  comenta   0
La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País e El Mundo transgrediron pautas éticas no tratamento da catástrofe, vulnerando fundamentalmente a protección da privacidade dos protagonistas e a non inclusión de contidos cruentos, segundo un estudo de Alba Almenara Lorenzo, investigadora da Universidad de La Laguna.
  comenta   2
Un estudo destaca que noticias e fotografías que publicaron certos medios de comunicación “tiveron influencia suficiente” como para fixar parte da axenda da campaña e influíron en determinados votantes. ABC levou ata en seis ocasións á portada, durante os 15 días de campaña, “algún tipo de representación simbólica” vinculada á idea do “malgasto do Goberno galego”.
  comenta   19
O veterano xornalista gaña a XII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Foi cesado en decembro de 2015 como columnista de El País, como consecuencia de criticar o diario nunha reportaxe para o The New York Times.
  comenta   0
Bieito Rubido e Javier Ayuso din que o novo xornalismo fíxolle un “dano irreparable” ao vello xornalismo. Curiosamente a difusión diaria de El País, El Mundo, ABC e La Razón situábase hai dez anos en 1.900.000 xornais. Hoxe, está ao redor dos 500.000.
  comenta   2