O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que "a mensaxe" que Galicia e Euskadi deron nas urnas este domingo -co seu logro de salvar a única maioría absoluta autonómica- "debería ser entendido polos responsables do bloqueo", en alusión ao PSOE, e, en consecuencia, "útil" para "orientar a política española das próximas semanas".