Desde a formación laranxa en Galicia, din non confiar nas enquisas. En Común Unidas Podemos confían en manter os dous escanos por Galicia. Desde o BNG son cautos ante as enquisas que lles dan un escano. O PPdeG dá as grazas á cidadanía galega pola normalidade da xornada electoral.
  comenta   0
A deputada electa de En Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz, esixiu á fábrica coa que conta PSA Peugeot Citroën en Vigo que contrate a máis persoal e afirmou que a súa formación apoia os paros que realizarán este xoves os empregados para denunciar a sobrecarga de traballo.
Gonzalo Caballero espera que o PP volva á "moderación" e insiste en que se abriu un "tempo novo" en Galicia. En Común-Unidas Podemos insta a Sánchez a conformar un goberno "progresista" fronte a un "débil" só co PSOE e Pontón asegura que Galicia está ante o "inicio do fin" do mandato de Feijóo á fronte da Xunta.
  comenta   0
En Común-Unidas Podemos ve nestas eleccións dúas posibilidades: "Ou un profundo retroceso ou avanzar colectivamente".
  comenta   3