Membros do Grupo de Investigación Desarrollo y Gestión Ambiental del Territorio da Universidad Complutense de Madrid consideran estas obras un “fracaso da avaliación de impacto ambiental” e alertan dos “danos moi graves” causados nos ecosistemas polas obras nestas infraestruturas.
Trátase, segundo a filóloga e experta ‘rosaliana’ María Xesús Lama, de dous escritos da autora galega na súa faceta de xornalista na capital de España, asinados nesta revista coas iniciais R.C.
  comenta   1
Investigadores avisan de que o futuro do país pasa por atraer máis inmigrantes novos para evitar que comarcas enteiras do interior queden baleiras. De non reverterse a situación, Galicia podería perder máis de 200.000 habitantes na próxima década, quedando a niveis de hai un século.
  comenta   21
GC publica a carta de resposta enviada a este medio por investigadores do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) na que cuestionan as premisas dun traballo académico publicado por científicos adscritos ás universidades de León, Autónoma de Madrid, Leiden e Nova York sobre estudos feitos en Galicia sobre o patrimonio bioarqueolóxico, as desfeitas neste e os retos para a súa conservación.
  comenta   0
O xornal vigués continúa os pasos de La Voz de Galicia que tamén decidiu cobrar por contidos. Galicia Confidencial foi o primeiro medio galego no 2009 en poñer en marcha o GC+, un sistema de pago de noticias en profundidade.
Investigadores denuncian que as desfeitas e o abandono dos xacementos bioarqueolóxicos na costa galega, canda os efectos do cambio climático, poñen en perigo depósitos milenarios claves para entender a relación dos habitantes de Galicia co mar, algúns dos cales xa foron destruídos.
  comenta   0
Alfredo Vigo Trasancos, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, desmonta a lenda que identifica a célebre figura como un autorretrato do arquitecto e escultor e propón que representaría o “pobo de España e Galicia, agora convertido ao cristianismo por Santiago". Outra figura no parteluz que identifica como Hércules sería clave para resolver o misterio.
  comenta   1
"Por dereito propio, merece un posto destacado na historia da lingüística galega anterior a 1962", defende Xosé A. Fernández Salgado, profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina na Universidade de Vigo, que revela oito cartas de Dámaso ao galeguista Ramón Otero Pedrayo.
  comenta   0
Construído en Italia en 1595 e afundido en Ribadeo en 1597, este navío pertenceu á Segunda Armada Invencible que ordenou crear Felipe II. Un estudo científico sobre a orixe das madeiras utilizadas neste buque revelou o uso de carballo do norte da Península na súa construción, como adiantou este xornal. Miguel José San Claudio, coordinador das prospeccións subacuáticas, bota máis luz na súa tese doutoral sobre a historia deste icónico galeón.
  comenta   0
Investigadores publican os resultados das análises químicas dos restos do galeón 'Santiago de Galicia', afundido en 1597 en Ribadeo, e da fragata da Armada española 'Santa María Magdalena', botada en 1773 en Ferrol e que foi a pique en 1810 en Viveiro. Os resultados evidencian que os cascos destes navíos foron construídos con madeira de carballo do noroeste peninsular e que en Europa se teceron rutas comerciais para o subministro de distintos tipos de madeiras destinadas ás frotas española e portuguesa, sendo o "motor da primeira globalización".
  comenta   0
Científicas da Universidade de Vigo publican o primeiro estudo que correlaciona as condicións climáticas e a altitude coa distribución da invasora avespa asiática. As investigadoras presentan ademais os mapas para visualizar a rápida expansión da velutina polo territorio galego. A Galicia costeira e occidental está totalmente colonizada e o depredador avanza cara ao interior de xeito imparable.
  comenta   2
Un estudo describe as fases da liberalización de espazos industriais portuarios na cidade herculina e critica a súa privatización.
  comenta   6
Un novo estudo científico alerta da necesidade de regular os desembarques de marraxos e quenllas na lonxa viguesa. A maior parte dos exemplares cazados e comercializados son individuos xuvenís que non se reproduciron. Entre os anos 2001 e 2016, o porto de Vigo multiplicou por 2,7 os desembarques de quenllas. Ecoloxistas e científicos manteñen a alerta pola presión da pesca sobre os tiburóns.
  comenta   1
Investigadores da Universidad de Zaragoza constatan mediante un modelo estatístico o "efecto perverso" do Plan Xeral de Repoboación Forestal de España, aplicado desde 1940. No seu estudo atoparon unha "relación positiva significativa entre os incendios forestais e as hectáreas reforestadas, especialmente 30-35 anos despois das plantacións".
  comenta   7
A envergadura do polémico proxecto mineiro será moito maior do que anunciaron as empresas mineiras Atalaya Mining e Cobre San Rafael nun primeiro momento, superando as 1.000 hectáreas de explotación e as 15.000 de exploracións; os postos de traballo directos apenas serán un cento, dos cales unha quincena serán cargos de Atalaya Mining e só entre 78 e 88 de man de obra especializada; un novo informe da empresa tamén recoñece que "as diferentes fases do proxecto mineiro terán un impacto no medio ambiente".
  comenta   17
182 concellos solicitaron a aprobación de anteproxectos de parques eólicos singulares municipais; porén, só hai 13 activos en todo o país. Economistas da Universidade de Vigo critican que "a Xunta de Galicia non apostou o suficiente por esta clase de centrais" de iniciativa pública.
  comenta   1
Galicia pasou nun século de representar o 10,6% da poboación en España a só o 5,8%. Profesores da Universidade de Vigo elaboran unha cartografía de tendencias demográficas de base parroquial. Os expertos alertan da "demotanasia" no país, isto é, a morte paulatina do territorio por mor dunha serie de omisións ou accions políticas.
  comenta   19
A USC presenta os resultados dun experimento de laboratorio con humanos no que probaron como se pode modificar un mal recordo nun só día. Os seus achados reforzan os estudos previos feitos en Estados Unidos sobre o chamado adestramento de extinción, que permite bloquear a memoria do medo sen usar fármacos.
  comenta   0
As investigadoras Laura Rodríguez Salgado e Iria Vázquez Silva explican os problemas que enfrontan as inmigrantes en Galicia, que deben superar os estereotipos, a discriminación, a desigualdade e o machismo no seu proceso de integración. Un novo traballo destas autoras sobre as actitudes e necesidades culturais destas mulleres afonda na súa percepción dos atrancos que a sociedade galega aínda lles pon.
  comenta   2
Investigadoras do Reino Unido comparan os casos de Galicia e Gales como exemplos de países onde as linguas propias —en convivencia con idiomas dominantes— son aprendidas por inmigrantes para a súa integración. Nicola Bermingham, profesora da Universidade de Liverpool e coautora do estudo, explica a GC os resultados da investigación.
  comenta   6
Un estudo da Universidade de Oxford sitúa Galicia nun nivel intermedio de rexeitamento aos inmigrantes entre todas as rexións europeas. Somos máis racistas e xenófobos que cataláns, vascos, suecos ou alemáns, pero menos que gregos, ingleses, húngaros ou a maior parte de Portugal. Aumenta en Europa o rexeitamento aos inmigrantes de países pobres. Con todo, Galicia é unha das rexións europeas nas que máis descendeu o nivel de oposición á entrada de foráneos.
  comenta   22
O politólogo galego Martín Portos, investigador do Center on Social Movement Studies (COSMOS), da Scuola Normale Superiore de Florencia, analiza para Galicia Confidencial o fracaso das políticas de acollida de refuxiados no noso país e no conxunto de España. Portos vén de publicar un novo estudo sobre solidariedade cos refuxiados no Estado español, no marco dun proxecto de investigación financiado pola Comisión Europea.
  comenta   10
Unha casa rural galega e un mariñeiro chamado William Simms que escapou do corsario sir Francis Drake son os protagonistas dun dos dez enganos que máis tempo permaneceron na enciclopedia libre e colaborativa, case unha década. É Wikipedia unha fonte de información fiable?
  comenta   0
O fotoxornalista Miguel Núñez percorre Os Ancares para retratar unha paisaxe ancestral que esmorece.
  comenta   2
Un estudo de científicos franceses mostra que os exemplares máis grandes de quenlla e marraxo que chegan á lonxa viguesa teñen concentracións de mercurio por enriba do límite máximo permitido para o consumo. Isto, advirten, supón "un problema para as autoridades pesqueiras galegas". O porto de Vigo leva anos no punto de mira de ecoloxistas, científicos e xornalistas estranxeiros polo comercio masivo e sen límites de carne e aleta de tiburón.
  comenta   0
Miguel Martínez fala por primeira vez para un xornal logo de saír de prisión baixo fianza. "Indignado" e con "rabia", pide o 'off the record' en varias ocasións durante a charla para garantir a confidencialidade de determinadas confesións. Explica a Galicia Confidencial os feitos que o levaron a pasar cinco semanas no cárcere e a agravar a súa depresión, polo que acabou ingresado nun psiquiátrico. Revela que en prisión pasou "medo", considérase un "cabeza de turco", denuncia a "pésima política forestal" da Xunta, critica as declaracións do presidente Alberto Núñez Feijóo sobre o seu caso e desmente a versión dada por case todos os medios de información que o sinalan como un delincuente "con antecedentes por queimas". Todo isto, e máis, dinos, contarao nun libro.
  comenta   10
O tradutor automático da rede social interpreta o Premio Grelo de Ouro como "clítoris de oro" e "pussy of gold". Recentemente, un obreiro palestino foi detido pola Policía de Israel como presunto terrorista por outro erro do algoritmo de Facebook. A compañía está traballando nun novo sistema que combina intelixencia artificial e redes neuronais.
  comenta   5
Especialistas das universidades de Liverpool e Girona describen esta catástrofe como "un crime corporativo na medida en que implicou serias rupturas da legalidade que levaron a un enorme dano humano e ambiental", grazas a un "réxime de permisividade". Recuperamos, ademais, a ampla reportaxe de investigación que GC publicou sobre a intricada trama empresarial detrás da carga e sobre o fretador do 'Prestige', Mikhail Fridman, oligarca relacionado co Kremlin e a mafia rusa.
  comenta   2