O biólogo mariño Rafael Bañón fala co GC sobre as últimas especies de peixes chegadas a augas galegas, como o sapo lusitano ou a raia redonda, e reflexiona sobre o movemento e expansión de especies como a merluza cara o norte. E é que a temperatura da auga galega aumentou case un grao nos últimos 40 anos.
  comenta   0
Afortunadamente, como destaca o investigador do CSIC Xosé Antón Álvarez Salgado, na nosa terra hai unha vantaxe: "cando nos metemos cara a plataforma continental e nas rías, grazas ao fenómeno do afloramento, que supón ese ascenso de augas frías que se dá na primaveira e no verán en resposta aos ventos de compoñente norte, ese incremento de temperatura redúcese máis ou menos a unha terceira parte".
  comenta   0