Houbo un cambio de escenario dos investidores coa entrada en Wall Street do bitcoin. Os expertos cren que os bancos nacionais poden acabar ofrecendo a opción de investir neste tipo de fondos estadounidenses.
  comenta   0
Amil (Moraña), A Fonsagrada, Lugo, Val do Dubra, Vilar do Barrio e Ortigueira foron as localidades que acolleron mobilizacións esta fin de semana, con motivo do Día Mundial das Montañas, organizadas pola Coordinadora 'Eólica Así Non'.
  comenta   0
O comité criticou que o encontro celebrado este pasado xoves coa nova propietaria de Xeal "só serviu para xerar máis incerteza sobre o futuro das factorías".
  comenta   0
A guerra en Ucraína disparou os prezos das materias primas para fabricar compostos (pensos) destinados á alimentación sobre todo de cebadeiros intensivos. Á parte, durante os primeiros meses da guerra, o trigo e millo ucraínos estiveron en almacéns até que se puideron exportar, xa cuns prezos elevados. Nese momento a UE tivo que flexibilizar algunhas normas de cara a permitir a entrada de materias primas procedentes doutros lugares, principalmente América. Doutra banda, sobre as materias primas agrarias tamén pendura o risco da especulación no mercado a futuros e as novas medidas que a UE quere introducir na importación desde determinados lugares do mundo.
  comenta   0
Plataformas veciñais e deportivas mostaron o día 1 de maio a súa preocupación polo que poida pasar cos montes do Larouco. Neste lugar estaba prevista unha liña de alta tensión que levaría a electricidade de dous parques eólicos a unha subestación no encoro das Cunchas. En relación a isto, a plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova denuncia a presenza de supostos representantes de empresas que ofrecen contratos de arrendamento a propietarios e propietarias baixo a presión de “se non asinan haberá expropiación”.
  comenta   1