Máis de cen entidades mobilizaranse na Rede do Patrimonio, para dar visibilidade ó seu compromiso co patrimonio galego. Conferencias virtuais, charlas, exposicións, presentacións de libros, vídeos de recollida de tradición oral, difusión do patrimonio local, a campaña a prol da declaración da casa de Carvalho Calero como BIC, entre as actividades previstas.