Galicia segue sen un Rexistro de Familias Monoparentais Galegas a pesar de que foi unha das promesas de Feijóo hai 12 anos. En Galicia, o seu número triplicouse desde 2020.
  comenta   0
As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula común por titulación en réxime externo. Existen dúas modalidades: as de nova adxudicación e as bolsas de renovación. Ambas as modalidades serán, á súa vez, de dous tipos, unha que contempla un desconto do 80 % do prezo da matrícula común por titulación, e outra que contempla un desconto do 50 % do prezo da matrícula común do CSHG por titulación.
  comenta   0
Francisco Conde anúnciao no XIII Congreso de Familias Numerosas que se celebra este fin de semana en Santiago.
  comenta   0
Trátase da bonificación do 100% de viaxe de volta ás familias numerosas nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e de Val Miñor (AG-57).
  comenta   0
Os programas financiados ao amparo desta resolución poden ser ou ben de desenvolvemento de recursos integrais para mulleres xestantes ou lactantes con fillos menores de tres anos ou de atención especializada.
  comenta   0
As familias numerosas que queiran obter o carné acreditativo deben estar dispostas a ceder os seus datos persoais a estas dúas empresas, segundo denuncia o SLG. Para o Sindicato, trátase dun requerimento "ilegal".
  comenta   0
Este programa vai destinado a sufragar parte dos gastos da viaxe cunha contía de 35 euros por persoa e estancia, no caso dos adultos e os nenos de 12 anos ou máis, e de 37,5 para menores de 12 anos.
  comenta   0
O deterioro da verdade, ao abeiro dunha hipocrisía inconmensurable, adquiriu tal dimensión que xa nos queren ensinar a aplaudir (lexitimar) ata aos mesmos cómplices de ETA, asesinos confesos, e ao tempo maltratar a cidadáns (paisanos, veciños, mesmo familia) que sinta a inclinación circunstancial de arrimar o seu vote a un partido que defenda valores diferentes, coma se a mesma democracia non dependese precisamente diso, coma se a honorabilidade dos partidos máis grandes e de máis raigaño non estibese condicionada precisamente pola ameaza dos que desde os antípodas lle tratan de partillar os espazos sociais. Ou sexa, a propia democracia baixo ameza de morte. A esencia mesma da democracia, un estorbo.
  comenta   0