Alexandra Fernández, afín a Villares, votou en contra, mentres que os deputados de Podemos, Izquierda Unida e Fernán Vello, de Anova, votaron a favor.
  comenta   5
O deputado Miguel Anxo Fernán Vello presentou unha iniciativa no Congreso para solicitar medidas que freen o "desmantelamento" e "abandono" do centro, onde se gardan obras de artistas galegos como Castelao, Seoane ou Díaz Pardo.
  comenta   0
O Centro tamén proporciona asistencia sanitaria aos emigrantes galegos e que foi intervido pola xustiza arxentina tras un proceso de acumulación de débeda.
  comenta   0
“O secuestro e prohibición de libros e a censura formaba parte do hábito da ditadura franquista”, asegura Miguel Anxo Fernán Vello.
  comenta   1
Os votos do PP e a abstención de antigos concelleiros de CxG provocaron que se lle retire a publicación do premio Fiz Vergara Vilariño á editorial Espiral Maior. A Agrupación cultural Ergueitos critica que se intente politizar a cultura.
  comenta   5
O deputado de En Marea no Congreso fala abertamente nesta entrevista do erro cometido por publicar un tweet ofensivo para os galegos. Di que tentou expresarse como xa fixo Celso Emilio en “Viaxe ao país dos ananos” e denuncia unha campaña organizada contra el desde hai tempo. Asegura estar doído coas críticas dalgúns cargos do BNG contra el, pero aposta por traballar conxuntamente con esta formación. “Alegroume que teña acadado grupo parlamentario”, apunta.
  comenta   31
O deputado de En Marea no Congreso pola provincia de Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, denunciou este mércores unha persecución "dende hai meses" contra a súa persoa por parte do PP, a través das redes sociais.
  comenta   5
O PP, dende as súas contas oficiais en Twitter, e centos de afiliados e simpatizantes dos populares e de toda a dereita e ultradereita españolas, participan nunha acción masiva contra a segunda forza política de Galicia e o seu deputado no Congreso logo de que este pedise desculpas por un chío ofensivo cara os galegos. Non é a primeira vez que a dereita española se organiza para atacar a Miguel Anxo Fernán Vello.
  comenta   68
O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, tivo que rectificar e pedir desculpas tras tachar de "ignorante" o pobo galego polos resultados das eleccións galegas do pasado domingo.
  comenta   7
Miguel Anxo Fernán Vello esquiva as polémicas cos candidatos do Bloque pero afirma que a etapa da fronte nacionalista pasou por non saber ler o momento histórico. Por iso o candidato de En Marea pide aos indecisos que aposten pola confluencia para así lograren un segundo deputado por Lugo -el xa foi deputado na pasada lexislatura- e un senador. Os pactos co PSOE, o grupo parlamentario propio e as enquisas son outros temas desta entrevista.
  comenta   40
O Congreso aprobou por unanimidade unha iniciativa defendida por En Marea para que esta ruta que unía Bracara Augusta e Lucus Astúrica Agusta sexa recoñecida e protexida.  
  comenta   3