O portavoz do PP local, Borja Verea, demandou ao Concello que faga público "o informe de patrimonio desfavorable" das actuacións das festas da Ascensión con grandes camións no Obradoiro. A alcaldesa defende que as cuestións organizadas pola administración local "non teñen que pasar pola Comisión de Patrimonio".
Unhas festas que apostan polo folk e o baile tradicional. Haberá un Dron Festival, actividades para nenos e o concerto 40 Pop, con David Otero, ademais das citas tradicionais