Este venres, Mar de Mares ten programada unha das grandes apostas desta décima edición, coa estrea dun foro, que se celebrará na sede de Afundación. Haberá tamén outras actividades como a 'gran limpeza de fondos mariños'.
O Festival Mar de Mares, que se celebrará entre o 21 e 24 de setembro, repetirá por cuarto ano consecutivo a iniciativa de limpeza de fondos mariños, tras os resultados obtidos coas realizadas en anos anteriores no porto, no Parrote e no Castelo de San Antón. Nesta edición a limpeza levarase a cabo entre o castelo de San Antón e o Real Club Náutico da Coruña.
O espectáculo busca traer nomes internacionais de diferentes disciplinas vinculadas co mar para sensibilizar acerca da súa situación dunha forma lúdica.
  comenta   0