A Fegamp destaca que as entidades locais galegas recibirán en 2024 sobre 1.600 millóns do Estado, 300 millóns máis. Contrasta a alza coa "conxelación" da parte base do Fondo de Cooperación Local da Xunta, "que leva desde 2010 sen subidas".
  comenta   0
Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía, foi reelixido presidente da FEGAMP o 15 de novembro pasado. Desde a súa posición reclama a desconxelación dos fondos de cooperación local da Xunta logo de trece anos. Non entende a postura do PP definindo a Federación organización 'partidista' logo das decisións que se toman por consenso. Preguntado sobre a corrupción no ámbito da administración local, cre que é un fenómeno cada vez máis controlado coas ferramentas de transparencia.
  comenta   0