Hai entidades que custodian comarcas e outras que buscan custodias. Todas buscan demostrar á sociedade e á Administración que a conservación e a restauración da natureza, lonxe de ser imposible, é factible.
  comenta   0
As entidades de custodia mercan, alugan ou chegan a acordos de distinto tipo para restaurar hábitats ou conservar espazos de alto valor ambiental. Protexen afloramentos únicos no mundo abandonados pola Administración, eliminan invasoras, reforestan con especies autóctonas dunha determinada bisbarra, limpan o monte e os ríos.
  comenta   0
A entidade, perante o seu aniversario, agradece "o esfozo" dos numerosos voluntarios que acoden ás súas xornadas e anuncia unha charla telemática para facer balance deste tempo de traballo.
  comenta   0
Tentarán recuperar o bosque de ribeira no espazo natural protexido Betanzos-Mandeo e loitar contra a crocosmia (Crocosmia x crocosmiiflora) e a tradescantia (Tradescantia fluminensis).
  comenta   2
A Fundación Fragas do Mandeo asina un convenio co Concello de Coirós para crear un espazo protexido de cinco hectáreas para conservar especies ameazadas.
  comenta   1