O director da editorial, Fran Alonso, destacou a diversidade de obras que compoñen o palmarés do premio, unha diversidade que é o "espello dunha narrativa plural, rica e vital".
  comenta   0
Escrito polo autor Suso de Toro, narra a traxectoria vital e política da dirixente nacionalista ata liderar o BNG como "unha esperanza con fundamento" para Galicia.
  comenta   0
Hai autores moi críticos con parte do actual sistema editorial galego. Xavier Alcalá, por exemplo, denuncia a "patética e sobredimensionada novela negra" ou a algúns novos autores "que non coñecen o galego". Marilar Aleixandre e Fran Alonso, pola contra, cren que é unha riqueza que haxa autores novos e Antón Vidal apunta á redución do mercado en galego. Pero todos teñen un responsable da actual situación; a falta de axudas institucionais ao idioma e ao libro en galego.
  comenta   1
Que hai detrás dunha obra e da súa editorial?. Realmente autores e autoras galegas teñen problemas laborais?. Editores e autores desminten problemas serios. Galicia Confidencial continúa coa súa road movie na procura de respostas. "Os tempos das militancias xa pasaron e hai que ser moi profesionais", asegura Marilar Aleixandre. "Hai que ter un pacto, un acordo, con transparencia, para evitar problemas", di Quique Alvarellos.
  comenta   2