A través dun enfoque narrativo novo, explora aspectos como a participación das mulleres e, non só dos homes, nas campañas guerreiras ou a mestura con pobos de puntos como o norte de África ou o sur de Europa, entre outros.
A nivel mundial calcúlase que existen máis de 20.000 especies diferentes de abellas, agrupadas en sete grandes familias.
  comenta   0
O decano da facultade de Veterinaria da USC atribúe a súa chegada en só un ano ao cambio climático e expón colaborar con África para "adiantarse".
  comenta   0
O 'Homo erectus' é a especie de homínido que primeiro pode considerarse como perfectamente humana, polos seus rasgos. O especímen máis antigo achado ata a data tiña 1,7 millóns de anos. Unha investigación internacional con participación da UVigo descubriu unha mandíbula de neno moito máis antiga: 2 millóns de anos, que ademais vivía nunha zona climátida tépeda, non na cálida sabana do val do Rift.
  comenta   0
A vicepresidenta primeira apuntou que España é a entrada a Europa de América Latina, Caribe e África e por iso convidaron a máis de trinta ministros latinoamericanos á cita.
  comenta   0
"O orzamento conseguido é un recoñecemento ao labor que a USC realiza desde 2016 na xestión deste programa, a través da Oficina de Mobilidade", destacou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso.
  comenta   0
O comité de expertos pide vacinar polo menos ao 10 por cento da poboación de cada país para finais de setembro deste ano.
  comenta   0
É a primeira instalación de recepción de GNL en alto mar da África subsahariana.
  comenta   0
A catedrática de Inmunoloxía África González recibiu o galardón Women CEO na categoría muller e ciencia.
Un recente estudo xenético levado a cabo polo equipo portugués de Rute R. da Fonseca sobre razas de gando vacún de Portugal apunta unha nova hipótese, a orixe africana. A raza rubia galega aseméllase a outras razas celtas coma a charolesa, a lemosina ou a simmental.
A campaña desenvólvese a través de diversos vídeos que se comparten nos perfís de 'Facebook' do Fondo Galego.
  comenta   0
Conversamos co sociólogo brasileiro Ricardo Antunes, profesor titular de Socioloxía do Traballo na Universidade Estadual de Campinas. Ten criticado o sistema laboral nacido das industrias 4.0. Estima que vivimos unha situación de contrarrevolución pagada polo grande capital, e ve nas plataformas dixitais unha nova modalidade de escravitude, porque considera que a tecnoloxía non foi creada para a humanidade.
  comenta   2
Estes animais atravesan máis de 3.000 quilómetros e entran fundamentalmente en territorio español a través do mar de Alborán.
  comenta   0
Afundación e a ONG Tierra de Hombres inauguran este venres na Coruña a exposición "Unha viaxe solidaria e creativa á vida", para recadar fondos en beneficio do programa "Viaxe cara á vida".
  comenta   0
A conferencia do tamén politólogo e xornalista beberá da súa propia experiencia como correspondente no norte de África para varios medios. Ten realizado, ademais, un amplo labor de análise da realidade magrebí e árabe.
  comenta   0
De camiño a Vigo dende Lugo, coa radio do carro sintonizada en Radio 3 como case sempre, posta de fondo aos meus pensamentos. Vou escoitando unha entrevista coa que debe ser unha directora de documentais, de acento centroeuropeo, pero polo que vou sabendo asentada dende hai anos en Baleares. Fala do seu traballo en distintos países de Asia, de África e de América. Nun momento dado o locutor, ao que tiña por persoa culta, fai unha pregunta que soa a afirmación: “Porque a calidade de vida está no Sur…”. A entrevistada asinte, e o que era unha entrevista que parecía interesante convértese no repertorio dos típicos tópicos: o sorriso dos nenos, o compartir das xentes, a vida na rúa, as cores dos mercados…
  comenta   0
Os artistas guineanos Marcelo Ndong, Raimundo Bernabe Russo e Gorsy Edu Abaga protagonizan Manoliño Nguema, a peza coa que culminará a gravación en Galicia do documental homónimo.
  comenta   1
O xenetista Antonio Salas Ellacuriaga, da Universidade de Santiago, participa nun grupo internacional que identificou por vez primeira un conxunto de poboacións na Güiana Francesa e en Surinam que “representan os denominados cimarróns (noir marron), descendentes de escravos africanos rebeldes que conseguiron escapar e vivían refuxiados”.
  comenta   0