Miguel Arce desenvolve as súas tarefas pedagóxicas sobre lingua e cultura galegas no Bierzo, un lugar de onde extrae experiencias que nos poden axudar a comprender moito mellor a realidade dunha das áreas onde o galego oriental está en perigo de desaparecer.
Comeza o curso de verán Galego sen fronteiras e unhas setenta rapazas de máis de vinte nacionalidades vivirán unha experiencia dun mes en Santiago para coñecer o idioma e a cultura galegas. Galicia está espallada polo mundo adiante e esta iniciativa internacionaliza aínda máis a lingua nai do país.
  comenta   2
Esta é a teima da checa Katerina Bártková, unha das estudantes do curso "Galego sen fronteiras", que este martes pon o punto final a case un mes de aprendizaxe da lingua e da cultura galegas a persoas chegadas de máis de 20 países do mundo. Coma ela, outras rapazas marchan de Compostela con soños pensados na nosa lingua.
  comenta   0