Como convidada honorífica, Galicia tamén se encargou de dar o pistoletazo de saída á festividade cun concerto inaugural, o espectáculo sinfónico de música e baile 'Os camiños de Breogán'.
  comenta   0
Boris Johnson, antigo alcalde de Londres (2008-2016), acadou a xefatura dos conservadores británicos logo dunhas primarias nas que xuntou a maioría do grupo parlamentario e máis dous terzos dos votos dos 160.000 afiliados, nun 75% homes en un 97% da raza caucásica. De contado foi nomeado prime minister pola raíña Elisabeth e formou un goberno dos seus seareiros, de brexiters radicais, enchendo os principais ocos do Consello de Ministros, baleirados pola demisión dos colaboradores de Theresa May e David Cameron que non querían aturar o previsíbel extremismo antieuropeísta do Johnson.
  comenta   0
Estudantes de 22 países participan este ano na XXXII edición dos cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’.
  comenta   0
Os gobernos de ambos os países procuran novas colaboracións en ámbitos de investimento común como os sectores aeronáutico, agroalimentario, da automoción ou de ciberseguridade, e manteñen encontros relacionados coa cultura e a lingua.
  comenta   0
Agora que comezan os xuízos dos políticos presos, reciclaremos aquelo – tan repetido – de que as accións tomadas polo goberno do Estado (a aplicación do 155) é algo nunca visto nunha democracia europea avanzada, porque, claro, como as accións tomadas polo goberno de Cataluña son tan comúns en tódalas democracias avanzadas, europeas ou non, o normal é escandalizarse. Xa estou vendo aos lexisladores e gobernadores de California, Provenza, Baviera, ou Nova Gales do Sur subvertendo ás respectivas constitucións e dicíndolles a cadanseus tribunais supremos ou constitucionais que a vaian rañar.
  comenta   0
Investigadoras do Reino Unido comparan os casos de Galicia e Gales como exemplos de países onde as linguas propias —en convivencia con idiomas dominantes— son aprendidas por inmigrantes para a súa integración. Nicola Bermingham, profesora da Universidade de Liverpool e coautora do estudo, explica a GC os resultados da investigación.
  comenta   6
Albión Galaica é unha viaxe polas antigüidades e tradicións máis senlleiras de Gales e do sur de Inglaterra. Propón, ademais, unha Galicia homologable dentro do conxunto europeo que rompe o mito da súa periferia.
  comenta   0