Nesta ocasión o festival contará con catro actuacións vinculadas á música barroca, dúas á música de cámara e dúas á sinfónica, todas ás 20.30 horas.
O próximo día 7 viaxaremos a Ribadeo, nas terras do Eo, onde en Castropol o rexistrador da propiedade e bibliófilo Fermín Penzol Lavandeira tiña os seus apousentos. Desde ali soñaba coa reunificación da vella Gallaecia. A Fegalcat, (Federación de Entidades Culturais en Catalunya), ese día en acto público entregaralle o premio Alecrin a Carme P. Vaquero, polos seus moitos méritos nun labor desenvolvido arreo durante máis de trinta anos a prol da normalización lingúística desde o colectivo Galeguizar Galicia (www.galeguizargalicia.gal).
  comenta   0
O xacemento de Alto da Raia atópase entre Montalegre (Portugal) e Calvos de Randín (Galicia) e ten características únicas no noroeste peninsular. Está datado entre o I a.C e o I d.C e está situado nun antigo emprazamento da idade do Bronce.
Atopan sete novos campamentos romanos en Lugo. Algúns deles mostran como sería as campañas de Roma para conquistar o noroeste peninsular.
Esta xplotación constitúe outra valiosa peza na reconstrución do gran ciclo mineiro galaico-romano do ouro, de gran importancia para entender a historia da Gallaecia, pero tamén, a historia dos inicios da Roma imperial.
“O nacionalismo galego é a negación mesma do espírito conquistador pois representa a renuncia á grande patria forte. O seu obxecto é acender o patriotismo para que sexa unha forza criadora de cultura e cidadanía dentro do noso territorio".
  comenta   1