A XXX edición das 'Noites teatrais' de Vilamarín (Ourense) ampliarán as representacións nunha xornada máis, ata cinco, e apostarán polo teatro feito en Galicia. Así o confirmou o alcalde da localidade, Amador Vázquez, durante a presentación deste festival, que terá lugar entre o 10 e o 14 de xullo e que, entre outros, contará coa participación da compañía Contraproduccións, recente gañadora de cinco premios María Casares.