O presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, volveu a reclamar unha regulación para as empresas electrointensivas "canto antes" e que o estatuto non sexa só "un parche". No entanto, valorou os pasos que está a dar o Ministerio de Industria co que volverán reunirse o 5 de febreiro Fíxoo tras unha reunión co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ao que trasladaron as súas demandas para garantir os empregos da planta de Alcoa, pero tamén para insistir na necesidade dun marco enerxético estable que beneficie tanto a estes traballadores como a outros na provincia coruñesa.