A deputada socialista Patricia Iglesias explicou que o incremento do 8 % no gasto e o aumento da débeda nun 15 % desequilibra a fiscalidade galega e provoca unha "deterioración importante das finanzas públicas", co risco de que "deixen sen atender a calidade dos servizos públicos como sanidade, educación, servizos sociais ou dependencia".
  comenta   0
A deputada nacionalista Noa Presas demanda que o conselleiro de Facenda "dea explicacións unha vez que o Constitucional rexeitou o recurso".
  comenta   0
Rueda evita pronunciarse sobre a decisión do Tribunal Constitucional de rexeitar os recursos contra o imposto ás grandes fortunas e asegura que o recurso do Goberno contra a Lei do litoral é máis "político" que "xurídico".
  comenta   0
Con 9,8 millóns recadados por Facenda, Galicia é a terceira comunidade con maior aportación. O imposto de solidariedade ás grandes fortunas afecta aos patrimonios netos superiores a 3 millóns de euros, devéñase o 31 de decembro de cada ano e a presentación da declaración prodúcese entre o 1 e o 31 de xullo. Facenda lembra que este imposto estatal ten carácter temporal, pois se deseñou para os exercicios 2023 e 2024.
  comenta   0
Tamén censura que os partidos políticos acordaron a posta en marcha de numerosas medidas e actuacións para garantir unha atención adecuada nos centros sociosanitarios, "pero, a data de hoxe, máis de dous anos despois, non se fixo practicamente nada".
  comenta   0
Borja San Ramón: "A alternativa que queremos construír non se limita ás organizacións políticas, nin ás alianzas entre partidos, senón que a nosa alianza principal debe ser coa xente"
  comenta   1