Alberto Núñez Feijóo comparte as declaracións do avogado do Estado no caso Gürtell de que haxa unha “sentenza exemplar” e di que iso demostra que ese avogado “que representa ao goberno” -de Rajoy- quere que se remate con esas prácticas.
  comenta   2
Displicente e as veces retranqueiro; protexido por un tribunal que atou en corto ás acusacións, Mariano Rajoy di que non sabe absolutamente nada sobre a financiación ilegal do PP, tampouco do PPdeG. No xuízo da primeira parte da trame Gürtel o presidente, como era de agardar, botou balóns fóra.
  comenta   1
Unha investigación interna, filtrada agora, detalla como o que empezou como un mecanismo opaco montado na Coruña para que emigrantes galegos repatriasen cartos dende Arxentina acabou, presuntamente, facilitando un branqueo masivo de capitais de persoas como Bárcenas.
  comenta   0
O ex-senador Luis Fraga confesa que recibiu 9.000 euros da 'caixa B' do Partido Popular para sufragar os gastos das campañas de 2004 e 2008 nas súas candidaturas ao Senado e que así aparece nos papeis de Bárcenas.
  comenta   1
O ex-número 3 do PPdeG acode ao tribunal coa súa roupa en bolsas para "demostrar" que non ten intención de "eludir a Xustiza", segundo o seu avogado.
  comenta   0
Pablo Crespo é un dos condenados a cárcere na primeira sentencia dos numerosos preitos ao fío da Operación Gürtel.
  comenta   3
A suposta trama é unha invención de "policías amigos" de Rubalcaba e o beneficiario das empresas era Correa. Estas son as dúas primeiras liñas de defensa do ex-número 3 do PPdeG na súa declaración no xuízo deste caso de presunta corrupción.
  comenta   1
Crespo, Bárcenas e Correa foron increpados na primeira xornada do macroxuízo que comezou na Audiencia Nacional. O Ministerio Público pide para o ex-cargo do PPdeG 85 anos e 6 meses de cárcere como número dous da trama corrupta. Repasamos como o PP galego se viu envolto neste escándalo.
  comenta   18
O concello denunciou nos xulgados uns feitos que tiveron lugar un día antes de tomar posesión o novo goberno tripartito. Piden a comparecencia da ex alcaldesa do PP en calidade de investigada.
  comenta   1