"Defenderemos un centro de titularidade e xestión públicas, tal como reclaman tamén as familias, e tentaremos evitar que a Xunta non o leve adiante de forma electoralista baixo unha xestión privada", declaran desde o grupo parlamentario.
  comenta   0
Partidos estatais como Podemos, Más País e nacionalistas como En Marea e BNG coinciden en buscar solucións políticas e diálogo, o Grupo Común da Esquerda vai máis alá e pide o indulto, e o PP e o PSOE que asuman as súas responsabilidades. A patronal galega mostra o seu "respecto" pola sentenza.
  comenta   44
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez recoñeceu que existe unha "retardación" da economía, aínda que se espera que continúe a "dinámica expansiva" en próximos anos.
  comenta   0
A deputada do BNG, Montse Prado, sinalou no pleno que "Galicia non é prioridade máis que para o espolio dos nosos recursos e como caladoiro de man de obra cualificada pero barata".
  comenta   0
Desde o goberno galego admitiron que a Administración autonómica executará a sentenza do TSXG que deu a razón ao recurso presentado polo sindicato Comisións Obreiras á relación de postos de traballo da Consellería de Economía.
  comenta   0
Puy destaca "unha certa inflexión de recuperación" de galego falantes mentres a oposición critica en bloque as políticas da 'era Feijóo'.
  comenta   0
O PP sacaría dez, o PSdeG nove, Galicia en Común mantería os seus dous escanos e aparecería no panorama galego Más País e volvería o BNG que conseguiría un deputado.
  comenta   4
O presidente do PP galego describe o panorama político estatal como unha época de frivolidade e inestabilidade.
  comenta   2
PSdeG cualificou o discurso de Feijóo como o "primeiro acto dunha longa campaña electoral". Común da Esquerda lembrou os diferentes colectivos en protesta. O PP di que a oposición só se limita a criticar todo. O BNG acusa ao goberno galego de ser o primeiro en non traer competencias para Galicia. En Marea acusa ao PP de pactaren cos que defenden o machismo.
  comenta   0
Acusa de esgotamento ao PSdeG. Ao BNG lémbralles veladamente a súa política forestal en 2006. "Non sei que teñen en común" en referencia ao Grupo Común da Esquerda. Pide a En Marea que repasen os datos que teñen das contas da Xunta.
  comenta   0
Para o portavoz do Grupo Común da Esquerda, Feijóo transformou "a rendición de contas" ante o Parlamento "nun exercicio de cinismo, prepotencia e propaganda" con "unha posta en escena repetida nos últimos dez anos".
  comenta   0
O presidente da Xunta farao durante o Debate do Estado da Autonomía, onde ademais explicará as medidas que quere adoptar en materia de demografía.
  comenta   0
A deputada do Grupo Común da Esquerda Luca Chao reivindicou o "fito político" que supón para eles o debate de política xeral fronte ao "desprezo absoluto" que di, fai Feijóo e o PPdeG ao Parlamento ao adiantar a data con respecto ao ano pasado.
  comenta   0
Os grupos da oposición aproveitaron para acusar á dirección da CRTVG de "contradicir" os principios deontolóxicos e as recomendacións para o tratamento de casos de violencia de xénero ao emitir pezas que "caían no morbo" con "fontes pouco fiables" ou declaracións de achegados ás vítimas.
  comenta   0
O Estatuto inclúe entre as funcións do Parlamento designar para cada lexislatura das Cortes Xerais aos senadores representantes da comunidade, unha designación que se fará de forma proporcional á representación das distintas forzas.
  comenta   1
A proposta subliña que o xogo "debe ser obxecto dunha regulación exhaustiva e adecuada, tanto pola incidencia que pode ter na saúde como pola fonte de ingresos que supón para o erario público".
  comenta   0
A parlamentaria Luca Chao cualificou de "tremendamente irresponsable" a decisión de Sánchez que, segundo advertiu, pode permitir "abrir a porta ás tres dereitas".
  comenta   1
Tamén ven necesario fortalecer a zona sur e primar o servizo público profesionalizado, completado con empresas públicas como "reforzo" á estrutura fundamental.
  comenta   0
O portavoz do Grupo Común da Esquerda, Manuel Lago, ironizou con que, esta reclamación é "ilustrativa", pois con ela o presidente galego pretende "recibir 170 millóns de euros de premio por ser o maior recortador" durante a crise económica.
  comenta   0
O grupo parlamentario rexistrou unha batería de preguntas para que o Goberno galego informe sobre as obras "sen acabar" que "dificultan o funcionamento" de varios centros escolares galegos.
  comenta   0
"Acudiremos ao debate para trasladar ao presidente as inquietudes dunha Galicia real que non é a oficial na que quere vivir Feijóo", avisou Gonzalo Caballero.
  comenta   0
Os grupos da oposición no Parlamento galego reclamaron iniciativas para poder "romper as barreiras" de acceso aos máster en Galicia, algo que o PP negou que exista na comunidade, ao esgrimir datos que a sitúan "por encima da media" neste ámbito.
  comenta   0
Os grupos da oposición tamén puxeron o acento na "grave" afectación do proxecto da mina de Touro ao Camiño de Santiago facendo referencia ás advertencias do comité asesor da ONU Icomos.
  comenta   0
"Espero menoscabar moitas veces o decoro, o decoro entendido como o entende o PP", expresou Antón Sánchez do GCE, que censurou que o PP pretenda impedir na Cámara todo aquilo que "manifeste opinións contrarias ao Partido Popular".
  comenta   0
A deputada do PSdeG Patricia Vilán por modificar a lexislación para "terminar coa situación de indefensión á que ven avocados moitos veciños da Comunidade, que mesmo teñen que ir á Fiscalía para que se defendan os seus dereitos".
  comenta   0
Xove ocupa o escano que Flora Miranda deixou con motivo da ruptura do que era Grupo Parlamentario de En Marea ao producirse a marcha do que era o seu portavoz, Luís Villares, e outros tres parlamentarios ao Grupo Mixto.
  comenta   0
O pleno producirase no marco dunha polémica ao redor das novas normas de uso das salas institucionais da Cámara, que inclúen o veto a quen leve pezas ou outros elementos que menoscaben o decoro do Parlamento.
  comenta   0
Os deputados son a excepción e é común que leven camisetas reivindicativas, chapas ou outros elementos en defensa de causas que posteriormente defenden mediante iniciativas. Tamén adoitan colgar carteis ou pancartas na parte dianteira da mesa do seu escano.
  comenta   2
Sobre a súa posible candidatura, Chao respondeu que a súa "única responsabilidade neste momento ten que ser a de deputada no Parlamento galego e facer o traballo de portavocía comunicativa".
  comenta   0
Os populares aproveitaron tamén para cuestionar o labor do Goberno en funcións, que "non funciona" e segue "sen atender as demandas de Galicia", como este incremento de efectivos.
  comenta   2
A parlamentaria Eva Solla denunciou a situación de "precariedade" e "temporalidade" que sofre o persoal sanitario en Galicia "polas duras políticas de recortes impostas polo PP".
  comenta   0