O Grupo de Estudo do Medio Mariño constata por primeira vez na costa galega e española a presenza de Ocinebrellus inornatus, especie propia do Mar de Xapón, e pide medidas ás autoridades para frear a chegada de especies exóticas e invasoras.
  comenta   0
Científicos galegos alertan da rápida expansión e colonización da corvinata real (Cynoscion regalis), especie nativa da costa atlántica de Norteamérica e depredadora de peixes e crustáceos. En Galicia foron atopados seis exemplares en 2016. Agora, investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC), do Grupo de Estudo do Medio Mariño e da Universidade de Vigo confirman "os primeiros rexistros desta especie en augas galegas e o informe máis setentrional da Península Ibérica".
  comenta   0
O Grupo de Estudos do Medio Mariño (GEMM) informa do descubrimento dun novo animal que se corresponde cunha especie de verme plano.
  comenta   1
As augas de Galicia recibiron nos últimos anos novas especies de crustáceos, moluscos e de diferentes filos zoolóxicos de invertebrados nunca antes observados aquí. Os expertos apuntan a un proceso de "tropicalización" polo quentamento dos océanos. As dúas últimas identificadas e descritas polo Grupo de Estudo do Medio Mariño son o lagostino e o cangrexo azul, este último, especialmente agresivo e cuxa expansión tería consecuencias ecolóxicas e económicas "inimaxinables", alertan os científicos do GEMM, que lamentan a pasividade das autoridades.
  comenta   1
O Grupo de Estudo do Medio Mariño, en colaboración co Muséum National d'Histoire Naturelle de Francia e o Instituto Español de Oceanografia, presenta ao mundo científico a 'limacia ibérica'.
  comenta   1