A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, incidiu en que as condicións da concesión a Xeal obrigan á compañía a manter a actividade industrial e non segregar a produción hidroeléctrica da de ferroaleacións.
  comenta   0
Edmundo Maseda é alcalde do Valadouro, o concello que se vería máis afectado pola central hidroeléctrica do Xistral. Fala da necesidade de que a veciñanza valore os puntos a favor e os puntos en contra para ofreceren a súa opinión e valoración. Maseda entende a necesidade de achegar fontes de enerxía perto de Alcoa e unha delas pode ser a central hidroeléctrica. Ve unha oportunidade de futuro ante a ameaza de baleiro poboacional no seu concello.
Segundo a Plataforma, esta obra deixará entre outros impactos, as "balsas previstas, de 20 metros de altura, que estarán a 50 metros das casas", ademais dos "túneles que alí se van construír".
As noticias sobre o encoro hidroeléctrico situado en terreos do Valadouro veu no momento en que os prezos da enerxía están moi elevados, as cubas de Alcoa paradas, as polémicas sobre parques eólicos van en aumento e os gobernos de Santiago e Madrid necesitan unha solución á problemática da enerxía. O proxecto de encoro deseñado por Proyectos del Malache abriu unha nova fronte sobre as maneiras para a produción de enerxía sustentable.
O goberno galego sinala que “desde Galicia pedimos máxima colaboración por parte do resto de administracións (Goberno e concellos) e da empresa, pensando nos veciños e veciñas desta comarca para que teñan sobre a mesa toda a información sobre o proxecto”.
Suso Díaz publica un poemario para render tributo ás xentes do val do Limia afectadas pola construción dun encoro que fixo desaparecer varios pobos hai xusto 30 anos.
  comenta   0