Ramón Hermida, investigador principal do Ensaio Hygia realizado en Galicia –o maior estudo no mundo sobre cronoterapia da hipertensión–, responde nesta entrevista as críticas vertidas por algúns directivos da Sociedade Europea de Hipertensión sobre os resultados conseguidos e que suscitaron unha polémica científica internacional.
  comenta   0
O Ensaio de Cronoterapia Hygia, realizado durante once anos en 40 centros de Atención Primaria, foi duramente criticado pola Sociedade Europea de Hipertensión por concluír algo até agora inaudito, que as persoas con presión arterial alta deben tomar os medicamentos antes de durmir, e non pola mañá, para controlar mellor a tensión e reducir riscos de morte ou enfermidade por problemas cardíacos ou vasculares. Os investigadores galegos cuestionan a validez das guías actuais da Sociedade Europea de Hipertensión e a independencia de quen as compón, e consideran que as críticas ao seu traballo son “nesgadas, insostibles e enganosas”, e “revelan intereses espurios”.
  comenta   1
Os pacientes con hipertensión arterial non tratada ou mal controlada poden sufrir ao longo dos anos diversas complicacións cardiovasculares como anxina ou infarto de miocardio, morte súbita ou insuficiencia cardíaca.
  comenta   0
Os factores de risco máis habituais adoitan ser a hipertensión arterial, a diabetes, o tabaquismo, elsedentarismo, a tensión emocional, o colesterol ou o acedo úrico elevado.
  comenta   0
Demostra que o risco cardiovascular diminúe un 53% nos pacientes que toman a medicación pola noite.