Liderada polo Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, o seu obxectivo é identificar e explorar riscos químicos e microbiolóxicos emerxentes en seguridade alimentaria en Galicia. Participan tamén investigadores das tres univesidades galegas.
  comenta   0
Un traballo científico evidencia o desastre que supuxo a antiga mina de cobre para a poboación de salmón e os riscos que supón a súa reapertura.
  comenta   0
Un estudo europeo mostra que as capturas nas augas galegas (87%) e norte de Portugal (52%) teñen un nivel de infección por este parasito xeralmente más alto que o atopado en zonas máis setentrionais do Atlántico oriental. O anisakis ten menor incidencia na xarda do Mediterráneo. Trátase dun problema de saúde pública, xa que afecta cada vez máis a humanos que consumen peixe contaminado.
  comenta   0
O proxecto, denominado SUBACID, está coordinado polo Trinity College de Dublín, conta coa participación do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e coa colaboración da asociación Amigos da Terra, con financiamento da Unión Europea e do Goberno de Irlanda.
  comenta   2
Científicos mostran nun documental o seu traballo con especies como o cabaliño do mar en contornas como as Illas Cíes, onde investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo documentaron por primeira vez a presenza desta especie no arquipélago galego, no marco do proxecto Hippoparques.
  comenta   0
Os científicos que traballan no Proxecto Hippoparques atoparon parasoles entre os restos que se tiran en augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
  comenta   0
Investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC presentan os resultados dun estudo que demostra que esta resposta é moito menor en tempo do que aseguraban estudos científicos previos. As zonas afectadas por fenómenos de afloramento costeiro son as áreas máis produtivas do planeta.
  comenta   0
O proxecto i-SMALL do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC comeza súa singradura.
  comenta   0
Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC Galicia presentan un estudo que revela que o rendemento en carne do molusco bivalvo depende de condicións climatolóxicas e que este se verá favorecido polo aumento do afloramento costeiro previsto ao longo do século XXI.
  comenta   0
Científicos galegos alertan da rápida expansión e colonización da corvinata real (Cynoscion regalis), especie nativa da costa atlántica de Norteamérica e depredadora de peixes e crustáceos. En Galicia foron atopados seis exemplares en 2016. Agora, investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC), do Grupo de Estudo do Medio Mariño e da Universidade de Vigo confirman "os primeiros rexistros desta especie en augas galegas e o informe máis setentrional da Península Ibérica".
  comenta   0
O Consejo Superior de Investigaciones Científicas determinou por primeira vez os mecanismos xenéticos asociados ao cambio de sexo —de macho a femia— desta especie.
  comenta   0