O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC en Galicia estudou durante os últimos anos estes restos, que non foron reclamados nin puideron ser identificados. Agora serán entregados aoMuseo da Guerra Civil de Abánades até que sexan soterrados.
  comenta   0
Unha tese desenvolvida no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) propón unha nova metodoloxía aplicada con bos resultados a elementos do patrimonio arqueolóxico de Galicia.
  comenta   0
O Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) pon en marcha un sistema web para que alumnos de 12 e 13 anos compartan contidos creados por eles sobre o patrimonio cultural da súa zona.
  comenta   0
Os organizadores presentaron en Göttingen, Alemaña, o vídeo promocional do Congreso da Sociedade Internacional de Etnoloxía e Folclore que terá lugar na capital galega.
  comenta   0
No castro de Cano dous Mouros, en Oia, atópase unha rocha con forma de trono onde a lenda di que se sentaba o Rei Sol a contemplar o solpor. Un documental explica as características do xacemento e o proxecto de recuperación deste espazo para os veciños.
  comenta   0
A delegación galega do Consejo Superior de Investigaciones Científicas organiza actividades de divulgación científica en varias localidades do país.
  comenta   0
A metodoloxía, desenvolvida por Patricia Martín Rodilla no Incipit, permite crear todo tipo de aplicacións para axudar aos investigadores na análise de información arqueolóxica.
  comenta   0
O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC está a traballar en Galicia no deseño de novas e innovadoras ferramentas de software para organizacións implicadas na xestión de información patrimonial.
  comenta   0
Felipe Criado e César Parcero, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, manteñen unha conversa con GC sobre esta magna obra, recén publicada por Xerais, na que se recollen vinte anos de investigacións en Galicia sobre arqueoloxía da paisaxe, dende a Prehistoria até o Medievo.
  comenta   2
Do total de axudas, 100 destinaranse a bolsas de apoio ao programa predoutoral e as 55 restantes co programa de apoio á formación da etapa postdoutoral.
  comenta   0