O conselleiro de Emprego, José González, asegurou que a dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na planta, aínda que o prazo será "flexible" para as obras que haxa que acometer e que afecten o edificio, catalogado como ben de interese cultural (BIC)
Os sindicatos quéixanse dunha escasa ou nula participación tanto do empresariado como da administración autonómica para a prevención de riscos laborais. Estas críticas foron máis fortes en xuño de 2024 polas mortes no 'Argos Georgia' e logo no mes de agosto por outras catro mortes en accidentes laborais. Os empresarios falan da necesidade de adaptarse aos novos contextos laborais dentro dun marco de actuación público-privada, os sindicatos e forzas políticas da oposición falan de perdas millonarias en cursos de seguridade que non deron resultado
  comenta   0