Galicia Confidencial continúa coa publicación dunha serie de artigos de sociólogos, politólogos, ex políticos e profesores universitarios, entre outros, nos que tenta analizar o que acontece en Galicia desde o punto de vista electoral. Unhas reflexións que tentan afondar na socioloxía do pobo galego e nas estratéxias políticas para tentar entender o que, elección tras elección, acontece neste país. Este artigo é de Antonio-Carlos Pereira Menaut, xurista, catedrático de Dereito Constitucional na USC e Director da Cátedra Jean Monnet de Dereito Constitucional europeo.
  comenta   0
Pouco máis dun mes leva José Ramón Besteiro lambendo as feridas do 18F e xa ten que facer fronte a unha nova crise no seu partido; o futuro nomemento do candidato ás eleccións europeas.
  comenta   1
Galicia Confidencial entrevistou aos principais candidatos das eleccións galegas; Ana Pontón (BNG), José Ramón Besteiro (PSdeG), Marta Lois (Sumar Galicia) , Isabel Faraldo (Podemos) , Armando Ojea (Democracia Ourensana) e Pachi Vázquez (Espazo Común Galeguista). Só o PP rexeitou a oferta de entrevista de Galicia Confidencial, o xornal decano dos medios de comunicación en galego.
  comenta   2
Ana Pontón e José Ramón Besteiro protagonizan un debate amable no que visualizaron, sen confirmalo, que están listos para gobernar xuntos se as contas dan o vindeiro 18 de febreiro.
  comenta   3
O PSOE aposta por José Ramón Besteiro como cabeza visible de Galicia no Congreso. Foi o primeiro deputado en falar galego na Cámara nun guiño de Sánchez ao seu posible liderato no PSdeG. Pero todo depende dunha Investidura que ninguén sabe como acabará e dunhas primarias que non teñen data.
  comenta   0
A candidata popular pide un pacto logo de quedar a un concelleiro da maioría absoluta. Durante a campaña foi moi criticada por ser a responsable dos anónimos polos que se investigou a José Ramón Besteiro.
O acto oficial de toma de posesión de Besteiro como delegado do Goberno terá lugar o vindeiro luns, día 3 de abril, ás 13,30 horas no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco) coa presenza de Miñones e Isabel Rodríguez.
  comenta   0
O cambio de cromos en Galicia e en Madrid por parte do Goberno de Pedro Sánchez reactiva á familia socialista e abre varias posibilidades de cara ás eleccións galegas. Pero, todo vai depender do que pase nas eleccións municipais e, especialmente, nas eleccións galegas.
  comenta   0