Segundo o rexedor monfortino, esta edición supón a confirmación de que o evento está consolidado e supón unha fórmula sólida de promoción e posta en valor dos viños da D.O. Ribeira Sacra xa que cada ano aumenta tanto en visitantes como en vendas.
Este venres 4 de xullo, o Alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi o encargado de inaugurar o evento no Paseo do Malecón da cidade do Cabe. Ademais dos stands das adegas participantes, hai postos de gastronomía, actividades infantís, obradoiros de cata e concertos ata o domingo.
  comenta   0
A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, reprochou aos populares que tras "detectar un problema" como a denuncia ao exconselleiro do Mar Alfonso Villares por unha presunta agresión sexual que "coñecían desde febreiro", "non o destituísen ata pasados catro meses".
En Lugo, gañou Tomé, o candidato apoiado por Besteiro, co 58% dos votos, e en Ourense, Álvaro Vila, que non era o elixido pola dirección galega.
  comenta   0
Esta declaración por parte da Xunta en relación á Feira Medieval espérase tendo tramitado a solicitude convenientemente dende o concello e cumprindo ese 2025 vinte e un anos ininterrompidos de celebración. O orzamento para esta edición, que terá lugar os días 19 e 20 de abril, alcanza os 108.000 euros.
A Xunta mostrou a súa disposición a colaborar para garantir a continuidade de Sargadelos e considerou que o expediente aberto de Inspección de Traballo e Seguridade Social non "aboca ao peche", despois de que este mércores o administrador único anunciase o cesamento da actividade apoiado neste motivo
O Consello de Ministros do Goberno de España autorizou esta semana a través da Sociedad mercantil estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES) este millonario contrato.
A previsión de ingresos e de gastos para o ano 2025 é de 17.802.794 €, case 18 millóns de euros, o que supón un incremento con respecto ao ano 2024 de 1.416.458,04 €. Serán levados a Pleno o vindeiro luns día 25 de novembro.
José Tomé asegurou tras o encontro coa plataforma cidadá 'Lugo non quere cheiros' que "o dano ambiental e para a saúde" que pode provocar a instalación da planta tan preto das casas "non é proporcional aos beneficios que din que pode ter".
Segundo informou a institución provincial, envioulles información sobre o impacto da reactivación das regras fiscais nos orzamentos locais de 2024, unha ordenanza tipo de transparencia pública e outro marco da recollida de residuos.
  comenta   0
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi crítico coa Xunta por "non contar cos concellos para a nova proposta", aínda que destacou que "o importante é que saia adiante e que non pase como pasou hai uns anos".
  comenta   0
Os populares consideran probado que o Goberno Provincial "obstaculizou" o labor de "oposición" e "fiscalización" do grupo, non deixándolles acceder ás instalacións da Deputación.
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este xoves a aprobación dun convenio de colaboración por valor de 25.000 euros co Concello de Viveiro, para a celebración da Semana Santa no municipio mariñán, unha festividade relixiosa de Interese Turístico Internacional que representa un "revulsivo económico" para toda a provincia.