A suba dos custos de produción xunto co paro do transporte colocan a industria láctea nunha situación "límite" que ve como a viabilidade do sector queda en entredito.
  comenta   0
O dirixente agrario avanzou que se vai a tratar de coordinar con outras organizacións agrarias que haxa un calendario de protestas que vaia no mesmo sentido e de forma coordinada.
  comenta   0
Piden non consumir estas marcas que "teñen responsabilidade directa" sobre a situación de gandeiros.
  comenta   0
Mobilízanse en Vilalba para reclamar subas ao "prezo máis baixo de Europa". Ana Pontón insta á Xunta a poñer freo á situación.
  comenta   0
UU.AA. cifra en case 400 as explotacións que tiveron que pechar no último ano. Agromuralla pide unha "fronte común" de asociacións para levar as mobilizacións a Madrid.
  comenta   0
Lactalis ou Reny Pico ampáranse nos baleiros legais da Lei da Cadea Alimentaria para seguir extorsionando as nosas granxas. O SLG e Fruga critican duramente estas imposicións.
  comenta   0
Unións Agrarias acusou a esta empresa de "aproveitar" a necesidade de adaptar os contratos dos 1.200 produtores galegos cos que traballa para "modificar o prezo" do leite á baixa.
  comenta   0
Aseguran que tanto Lactalis como Inleit, visitada polo ‘popular’ o pasado 23 de xuño, manobran para revisar á baixa os contratos cos produtores, e piden ó Presidente da Xunta que "non mire para outro lado".
  comenta   0
O recurso actual presentado por Danone ante a Audiencia Nacional atópase nunha fase moi inicial do procedemento e non se espera que a Audiencia Nacional dite sentenza ata finais de 2021.
  comenta   0
En 2013, a CNMC pechou unha investigación na que decretou que había un pacto nos prezos entre as grandes industrias. As perdas para os gandeiros -só neses anos- estímanse nuns 800 millóns de euros, nun país que produce o 55% do leite do estado español pero é no que máis barato se vende. De non mellorar as condicións, auguran a perda de explotacións e un novo éxodo do rural.
  comenta   0
O pasado martes pedíase desde o Sindicato Labrego Galego a reunión da Mesa Sectorial do Leite. Unións Agrarias reclama o cambio no modelo de negociación coa industria. Ministerio de Agricultura e Consellería do Medio Rural teñen novos plans sobre a mesa. Mentres, os prezos do leite galego están entre os máis baixos de Europa.
  comenta   0