A nova tenda responde a unha estética minimalista na que predomina unha paleta de brancos, grises e beiges, que aposta polos materiais naturais e busca que as coleccións tomen todo o protagonismo.
As firmas xa teñen nos seus escaparates o cartel colgado de 'rebaixas', aínda que algunhas adiantáronas ao venres a través de Internet.
  comenta   0
En concreto, o grupo galego abrirá o próximo 9 de decembro, xusto antes do Nadal, Lefties Digital Store Montera Madrid, concibida para ofrecer unha experiencia de compra que integra plenamente a tenda física coa canle 'en liña'.
  comenta   0
Segundo un comunicado, as delegadas da CIG tentaron "negociar" coa dirección "posibles solucións" e presentaron "diversas" denuncias ante a Inspección de Traballo, pero a empresa non puxo en marcha "ningunha medida correctora".
  comenta   0
As vendas caen un 28% polo peche de tendas e as restricións de aforamento e de horarios, pero dispáranse as súas vendas 'en liña' un 77%.
  comenta   0
Mentres o dono de Inditex aumenta a súa fortuna un 17% durante o estado de alarma, as traballadoras das tendas do grupo ven como se "aproveita a pandemia para reventar dereitos que tanto custou conseguir". Séntense "indignadas" pola "dobre moral" de Amancio Ortega e pola "imaxe mediática que nada ten que ver coa realidade".
  comenta   2
As empregadas da cadea Lefties, do grupo Inditex, levan xa meses de mobilizacións pedindo melloras nas condicións laborais. Unha das cuestións destas mobilizacións é a pouca comunicación por parte do grupo empresarial arredor deste punto. Galicia Confidencial tentou contactar coa compañía, mais non tivo ningunha resposta sobre o que está acontecendo.
  comenta   0