Coa localización do matadoiro onde se sacrificaron as reses, logrouse identificar o propietario das vacas.
A obrigatoriedade de vacinarse resultaría contraproducente de aplicarse. Desde sanitarios do SERGAS, pasando por Fernando Simón e a OMS, consideran a vacinación un dereito e non unha imposición. O presidente da Xunta pedía a pasada semana a inmunización obrigatoria de sanitarios e persoal de residencias. As voces alertando da inconstitucionalidade desta medida non tardaron en aparecer.
  comenta   1
É momento de poñer no seu lugar a quen detentando os Poderes do Estado converten a vida dos cidadáns en "corralitos inconstitucionais" baixo ameaza de multa, exercendo coerción sobre a liberdade de movementos de 47 millóns de persoas. Dende os nenos que non puideron saír á rúa en 3 meses ata os maiores retidos nas súas residencias prisión-tanatorio por Decreto do Goberno! Non lles pode saír gratis.
  comenta   1
O Grupo Parlamentario Popular aprobou, unha iniciativa para que a Xunta demande ao Goberno central adecuar a lexislación sanitaria estatal pola pandemia e retirar a solicitude de suspensión de parte da lei de saúde galega.
  comenta   0
A pesar de que a Comunidade galega deixará de estar pechada perimetralmente, Sanidade lembra que a Lei de Saúde --recorrida en parte polo Goberno central ante o Tribunal Constitucional-- establece a obrigatoriedade de rexistro a todas as persoas que cheguen a Galicia.
  comenta   0
O presidente da Xunta acusou ao Executivo estatal en días pasados de "desentenderse" da xestión e de lexislar abocando a unha "xudicialización" da pandemia.
  comenta   0
O Ministerio de Política Territorial propuxo ao Consello de Ministros presentar o recurso de inconstitucionalidade contra o apartado cinco da lei galega de saúde, "en canto dá unha nova redacción ao artigo 38.2 da lei modificada".
  comenta   0
O presidente da Xunta di "lamentar esta situación" sen diálogo previo do Goberno, pois asegura que o executivo autonómico se decatou a través do TC de "que parágrafo fora recorrido".
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG pediu responsabilidade, xa que "non pode ser que cada Comunidade Autónoma decida lexislar os dereitos fundamentais de forma particular".
  comenta   0
O informe do Consello de Estado é preceptivo, pero non vinculante, para que o Goberno eleve ao TC un recurso de inconstitucionalidade, para iso conta cun prazo tres meses desde a súa publicación no DOG o 26 de febreiro de 2021 (é dicir, ata o 26 de maio de 2021).
  comenta   0
Segundo defende o Goberno, a norma realiza unha serie de modificacións en medidas preventivas por razóns de protección de saúde pública e do réxime sancionador que recibiron observacións de inconstitucionalidade por parte dos correspondentes departamentos ministeriais.
  comenta   0
Os negacionistas da Covid-19 teñen medios de comunicación propios, redes sociais e mesmo un partido político filofascista fundado por un ex de Vox de túrbido pasado. Analizamos como transmiten as súas mensaxes cun experto en comunicación: “está nacendo unha industria moi próxima a estes grupos”.
  comenta   2
O presidente da Xunta mostrou a súa "sorpresa" por que o Executivo central decidise elevar unha consulta sobre a normativa autonómica ante o Consello de Estado sen previamente comunicarse coa Administración autonómica.
  comenta   0
"A oposición di que esta lei instaura un estado de alarma permanente, un argumento que coincide precisamente cos negacionistas que se manifestaron o sábado en Santiago" declarou o portavoz do PPdeG no Parlamento, Pedro Puy.
  comenta   0
"Manifestar con claridade que a proposta de reforma da Lei de Saúde de Galicia esconde un notable recorte de dereitos e liberdades ao tratar a pandemia e a alarma sanitaria como un problema de orde pública", asegura o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino
  comenta   0