Sempre defendín nas redes sociais de Podemos, e tambien en reunións presenciais, tamén ante os incondicionais de Pablo Iglesias, (o cal me supuxo recibir dos máis variados insultos e descualificacións), que Podemos debía de exercer de control do goberno desde fóra do goberno, e que non entendía ese ansia por un pacto co PSOE..
  comenta   0
Podería ser que España, ese “land alemán que tolea por falar inglés”, estivese a madurar cara a unha autocracia? Pois tendo en conta que esa ditadura, caso de vir, non será das antigas, de xeneral bigotudo de a cabalo, senón unha tocquevilleana ditadura de veludo, postmoderna, de panópticon, “Silicon Valley-style”, podería ser que si; e ata poderíamos xa ter un pé nela pois estas cousas nunca son tan de súpeto. Pero tampouco se pode desbotar que, ademais do evidente incremento do poder e da diminución das liberdades, estiveramos diante de algo máis, por acaso, un histórico cambio de paradigma.
  comenta   0
O Bloque rexistra unha Proposición Non de Lei (PNL) para que casos como o dos sindicalistas vigueses Carlos Rivas e Serafín Rodríguez "non se volvan a repetir".
  comenta   0
Este grupo de hip hop sacou á luz o seu último traballo, Silencio, un tema que reflexiona sobre a liberdade de expresión e o comportamento dunha sociedade que “Orwell non se imaxinou”. É a presentación do LP que publicarán en primavera e para o cal traballan dende Ordes, unha forma de rachar cos prexuízos que atan este tipo de música ás cidades e de crear cultura alí onde non hai tanta oferta.
  comenta   2
As sentenzas contra os artistas Valtonyc e Pablo Hasél abriron o debate sobre a liberdade de expresión no estado. Para algúns músicos galegos isto é a maneira de repartir medo entre o colectivo frente á impotencia do goberno por controlar as redes sociais.
  comenta   2
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia acusa o alcalde de Vigo de utilizar a Policía Local contra eles mediante denuncias e presións.
  comenta   2