Ecoloxistas en Acción critica a falta de medidas por parte das administracións oficiais para poñer freo a unha problemática que podería ter "graves consecuencias" para a saúde humana.
  comenta   0
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil realizou mostraxes nas que se rexistran valores de alta concentración de lindano nas augas subterráneas.
ADEGA denuncia que a Xunta "podería estar a incorrer nunha infracción moi grave ao non realizar operacións de limpeza, mantemento e recuperación daqueles solos que declararon contaminados". 
Estará situado a menos de 250 metros dun espazo Rede Natura. A mesma empresa ten aínda sen tratar 10.000 toneladas de residuos do Prestige.
  comenta   3
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, di que actuarán só sobre un punto "identificado" tras preguntarlle En Marea se ten un plan de actuación.
Francisco Fernández Marugán instou á Xunta a actuar "con máis contundencia e determinación" para reverter a contaminación que sofre a área do municipio pontevedrés do Porriño.
Criticaron a proposta de creación dun centro comercial en Tameiga, no Concello de Mos, do Celta de Vigo e advertiu de que levaría unha afectación á superficie arboredo da zona e aos pozos dos que se serven os veciños.
Eva García de la Torre mantén un encontronazo con integrantes da da Plataforma Antilindano do Porriño tras unha tensa xornada na que técnicos da Xunta acudiron ao concello para informar da analítica realizada a afectados o pasado outubro. Vídeo no interior.
O proxecto, no que Galicia exercerá como socia, é unha das 74 iniciativas que obtén fondos da cuarta convocatoria do programa de colaboración Interreg Europe, ao que se presentaron 170 solicitudes.
  comenta   0
O proxecto para a remediación do solo do Contrasto, no Porriño, está analizando as propostas da Xunta e prevé un investimento de 2,5 millóns de euros.
  comenta   0
A Xunta mantén a recomendación de non beber auga dos pozos particulares na zona de Contrasto, no Porriño (Pontevedra), un dos lugares onde se detectou máis contaminación por lindano.
  comenta   0
Aragón leva varios anos loitando contra esta substancia canceríxena e puxo xa en marcha un plan integral de loita para facer fronte aos resíduos. Hai uns días, o goberno aragonés e o galego reuníronse a petición do primeiro para tentar abordar este problema de forma conxunta ante a UE e co aumento de investigacións.
  comenta   0
A pesar de que Senra foi elixida pola lista de AGE –integrada por Anova e EU--, e realizou varias iniciativas sobre esta cuestión na Eurocámara, esta formación trouxo a Porriño á eurodeputada madrileña de Izquierda Unida, Paloma López.
  comenta   17
A eurodeputada galega Lídia Senra denuncia a concentración de lindano que se rexistra no río Louro ao seu paso polo Porriño e Tui. Tamén a Xunta confirma a presenza desta substancia nunha parroquia de Ponteareas.
  comenta   0
A plataforma Anti-Lindano da Louriña denuncia que non se está facendo ningún estudo sobre esta substancia tóxica detectada en Mos, a pesar dos anuncios feitos pola rexedora, Nidia Arévalo, que acusa a esta entidade de ser un "chiringuito político". Por outra banda, a posible afección na saúde do lindano atopado na Louriña será abordada no Parlamento Europeo.
  comenta   2
O concello esixe a delimitación da zona e a limpeza dos terreos lindantes e requerirá á empresa Áridos Puenteareas S.L toda a información deste depósito e posterior movemento de terras.
  comenta   0
Comezan as catas para detectar a presenza desta substancia canceríxena no Contrasto e poder calcular o volume de terra que hai que retirar.
  comenta   0
O presidente galego asegura que a Xunta actuou cando o Concello do Porriño lle pediu axuda. A plataforma Anti-lindano da Louriña acusa as dúas administracións de ocultar información.
  comenta   1
A Plataforma Anti-lindano da Louriña acusa á Xunta e ao Concello do Porriño de tentar agochar o problema malia ter informes que demostran a contaminación por esta substancia canceríxena procedente das verteduras da empresa Zeltia no pasado século. Este colectivo ultima a denuncia sobre zonas afectadas no veciño Mos.
  comenta   0
"Tomamos medidas desde o primeiro momento e actuarase segundo digan os resultados da ciencia, que é o que hai que facer, e non do que diga a bruxaría", di o conselleiro.
  comenta   0