O pase especial da película “La sombra de la ley” na cidade do Cabe foi todo un éxito. Houbo que habilitar unha segunda sala e nelas estiveron presentes a produtora Emma Lustres, un dos actores principais, Vicente Romero, e o propio director Dani de la Torre.
Esta cinta, cun forte protagonismo lucense, está dirixida por Dani de la Torre, protagonizada por Luis Tosar, e tivo a cidade amurallada de plató natural durante rodaxe.
Tras máis de cinco anos de atraso, o filme Galaicus rodarase en Lugo en 2017 coa presenza de Luís Tosar, como produtor e actor principal, no papel dun cónsul romano que se enamora dunha raíña galega. A área de Cultura da Deputación de Lugo achegará 51.000 euros para a realización do filme.
  comenta   12