O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á loita do sector conseguiuse parar a creación de macrogranxas e limitar o número de animais que poden acoller as explotacións. Con todo, unha nova ameaza pon en risco ao sector: a falta de relevo xeracional. Así nolo conta Román Santalla, secretario de Gandaría da Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA).