A visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o pregón de Manuel Jabois, e a visita dun grupo de prensa especializada déronlle tamén un pulo importante para que o evento teña máis repercusión mediática.
  comenta   0
Así comezou a XXIV Feira do Viño de Valdeorras na praza barquense de Viloira, acto que contou coa presenza do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outras autoridades. Na súa intervención, o Presidente da D.O. sinalou que o ámbito vitivinícola "goza de boa saúde" e "encara o relevo xeracional" con iniciativas e apoio das administracións.
  comenta   0
Será este vindeiro sábado 8 de xullo na Praza de Viloira do Barco de Valdeorras. O pregón, previo ás intervencións institucionais, correrá a cargo do xornalista e esritor Manuel Jabois.
  comenta   0
O Consello Regulador da D.O. Valdeorras convidará a xornalistas especializados de diferentes puntos do Estado para que coñezan o territorio amparado. A edición da mostra deste ano será os días 8 e 9 de xullo e vén de presentarse no Barco de Valdeorras.
  comenta   0
“Estamos expectantes por coñecer o que ten que dicir sobre o godello e sobre o resto de variedades da nosa denominación de orixe", comenta o presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez.
  comenta   0