Esta entidade presenta un informe tras analizar os libros de lingua e literatura de ESO e Bacharelato e denuncia a presenza de contidos e expresións “de innegable significado nacionalista”. Entre os autores que pon no punto de mira por "dispar calidad literaria" están Chus Pato. Tamén fala de Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Castelao, Manuel María, Méndez Ferrín –“detenido por pertenencia a banda armada”–, María Xosé Queizán, Manuel Rivas ou Víctor Freixanes, actual presidente da RAG. Tamén critica os textos de xornais en galego que recollen algúns destes libros, entre eles, algúns do Galicia Confidencial.
  comenta   36
O PP de Lugo pídelle ao Concello que borre un mural que consider independentista e ten "símbolos contrarios á Constitución". O que está pintado é un poema do gran Manuel María sobre o levantamento liberal do coronel Solís que rematou co seu fusilamento e doutros militares en Carral.
Asegura que o espectáculo na Deputación de Lugo provocouno o Partido Socialista, a pesar de que é o PP o que mantén ao ex deputado socialista como presidente do SUPLUSA.
  comenta   1
O coro realiza un vídeo musical con imaxes das terras calcinadas acompañadas polos versos do poeta con música de Luís Correa e arranxos de Pablo Rial.
  comenta   0
Presentan na Casa-Museo do escritor a nova edición dun poemario seu que é un canto lírico-etnográfico da súa terra natal.
  comenta   0
O Portal das Palabras publica unha peza dos anos setenta na que o poeta recita versos propios e do ‘Romanceiro da Terra Chá’ de Darío Xohán Cabana.
  comenta   0
Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández clausuran este xoves un intenso ano adicado ao escritor chairego.
  comenta   0
Colocáronse dúas placas conmemorativas da súa estancia na cidade do Cabe, onde estivo durante 40 anos.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recordou este martes que a lingua galega é "un códice vivo escrito por todos" e destacou a importancia de erixilo en "punto de encontro", ao tempo que recordou o traballo do poeta Manuel María en relación á "cultura oral" e o definiu como un "tertuliano" co "don da palabra".
  comenta   2
A Universidade de Vigo súmase ás homenaxes a Manuel María co gallo do Día das Letras Galegas. Faino da man de Manuel Forcadela, escritor e profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución, quen lle adica este artigo.
  comenta   1
Música, recitais e actos institucionais lembran ao escritor chairego neste 17 de Maio. Outeiro de Rei acolle os actos centrais da homenaxe e Santiago unha manifestación reivindicativa a prol do galego.
  comenta   1
A AGAL edita carteis para difundir a faceta lusista do homenaxeado este ano coas Letras Galegas e lembra que chegou a ser socio da entidade.
  comenta   6
Unha web do CPXG recompila todos os artigos e colaboracións en prensa do homenaxeado o 17 de maio.
  comenta   0
Critica a situación na que se atopa o galego e pídelle ás administracións un compromiso firme na defensa do idioma.
  comenta   4
A Casa de Hortas, casa natal de Manuel María, será o lugar onde a RAG celebrará unha emotiva homenaxe na que participarán os académicos Manuel Rivas, Margarita Ledo e Darío Xohán Cabana.
  comenta   0
A exposición, deseñada entre a Xunta e a Casa-Museo do autor, percorrerá trece localidades das catro provincias ao longo deste ano, no marco dos actos do Día das Letras Galegas.
  comenta   3
O alumando dos obradoiros do proxecto Lingua Viva poñerán en escea unha peza baseada na obra “Unha vez foi o trebón” do escritor chairego.
  comenta   2
A poesía de Manuel María achégase aos pequenos da casa grazas a Teatro de Guiñol, un libro-disco de Pirilampo. O traballo preséntase nun concerto en Ourense, cuxas entradas xa están á venda.
  comenta   0
"Uxía canta a Manuel María" é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía, voz excepcional da música galega e sensibilidade feita canción. Publicouse un CD resultado da gravación “ao vivo” do concerto celebrado na Casa-Museo do escritor (Outeiro de Rei) o 6 de outubro de 2015, día no que Manuel María cumpriría 86 anos. Agora, poderemos escoitar os temas en directo no Teatro Principal de Santiago, luns 22 de febreiro ás 20.30h.
  comenta   0