A sociedade era foco de desencontros cando a presidía o alcalde de Becerreá Manuel Martínez. O presidente da Deputación, José Tomé di que se vai á súa disolución porque lonxe de ser "útil" para a deputación "xogaba en contra e metía goles en propia porta".
O equipo de goberno, con maioría absoluta, aprobou un salario de 3.000 euros para o alcalde e outro de preto de 2.000 para o tenente de alcalde
Os resultados do pasado domingo asignaron seis edís ao Partido Socialista de Galicia (PSdG), catro ao Partido Popular (PP) e tres ao Bloque Nacionalista Galego (BNG). Os nacionalistas empataron a 271 votos con Burela Sempre, a formación impulsada polo ex socialista cabreado Manuel Martínez.
O mellor resultado de Espazo Común foi Piñor, onde obtivo o segundo posto e, no Carballiño, o terceiro. Martínez repetiu a maioría absoluta que xa tiña co PSOE, pero desta volta, con Galicia Sempre.
  comenta   0
O deputado que pactou co PP na Deputación de Lugo, Manuel Martínez, insiste en xudicializar a vida política a pesar dos fallos en contra da xustiza.
Unha pregunta do PP sobre as residencias provinciais inicia unha rifa que provoca que os dous membros do BNG abandonen a sala.
É o caso do deputado non adscrito na Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, que pactou co PP na deputación, confesou estes mates que nas pasas eleccións xerais votou ao PSOE a pesar de rexeitar o "sanchismo".
O novo partido de Martínez e o que queda de UPyD de Lugo chegan a un acordo programático. O obxectivo é pescar no electorado de Ciudadanos.
Manuel Martínez recoñece que nas xerais votará ao PSOE, partido do que foi expulsado hai un ano tras 40 anos de militancia logo de pactar en varias ocasións co PP na Deputación de Lugo.
"Hai unha complicidade do PP que non ten sentido", dixo Darío Campos sobre o apoio que existe entre a líder dos populares, Elena Candia, e o ex socialista Manuel Martínez.
  comenta   0
Manuel Martínez aspira a concorrer tamén no Concello de Lugo e a conseguir representación na Deputación.
Vox, Compromiso por Galicia ou Foro Lugo Independente ou a formación que quere liderar o expulsado do PSOE, Manuel Martínez, aspiran a ser determinantes na cidade de Lugo.
O pleno da institución aproba as contas, que ascenden a 88,4 millóns de euros, cos votos do PSOE. BNG e o ex socialista Martínez votaron en contra.
  comenta   0
O ex vicepresidente da Deputación anuncia listas en Lugo e noutros concellos da provincia. O seu obxectivo é volver repetir como deputado para evitr que goberne o PSdeG. Podería contar coa axuda dos independentes de INTA, aínda que algúns son reticentes a darlle o seu apoio.
  comenta   4
A rectificación do Partido Popular para facilitar a aprobación dos orzamentos provinciais deixa ao presidente de Suplusa, Manuel Martínez, sen o suculento salario que pactara cos populares.
Di que o seu partido apoiou o salario do ex socialista Manuel Martínez, de máis de 71.000 euros, case o mesmo que cobra el como presidente da Xunta, para que esta entidade funcione.
  comenta   1
Manuel Martínez, exvicepresidente da Deputación de Lugo e exmilitante socialista logo da súa expulsión do PSOE, cobrará unha cantidade anual que supera a de cargos públicos de maior responsabilidade.
Os socialistas elixen unha nova dirección en Becerreá tras a marcha do ex alcalde e seis dos concelleiros. Ana Rubinos, única concelleira que segue no partido, seguirá de voceira.
A Deputación de Lugo cámbialle as chaves ao centro da Fonsagrada tras un acto celebrado no centro polo deputado expulsado do PSOE, Manuel Martínez, e cargos do PP.
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, apela á "dignidade política" e denuncia o "conchabeo" entre o PP e Manuel Martínez, á vez que culpa a este último de procurar "protagonismo".
  comenta   0
O fallo da Audiencia Provincial de Lugo supón de facto a fin do poder da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa), ou máis ben do contrapoder exercido dende o ente, encargado –entre outras funcións– de construír e xestionar as residencias da terceira idade na provincia.
A tentativa do goberno socialista da Deputación por recuperar a xestión das residencias de maiores paralizou a actividade de Suplusa. O presidente do ente provincial actúa de contrapoder e acorda co Partido Popular case 100.000 euros en salarios adicionais.
A coordinadora desta formación en Galicia nega contactos co ex dirixente do PSdeG, agora independente apoiado polo PP na Deputación de Lugo. "Comportamentos como o seu nunca terían cabida neste partido", asegura.
O alcade de Becerreá irá ás municipais como independente, pero ve "oportunidade" para "aglutinar malestar", tamén con "descontentos de En Marea".
  comenta   3
O ex vicepresidente da Deputación de Lugo co PSdeG, e dirixente histórico deste partido, anunciou que montará unha candidatura independente no concello do que é alcalde. Anuncia que a candidatura pode ser provincial para chegar á deputación.
O alcalde de Becerrea, que pactou recentemente co PP a xestión do Suplusa, montou o seu particular esperpento na Deputación de Lugo. Tras ser expulsado da sala, volveu e tivo que ser escoltado por axentes de seguridade.
Presenta un escrito no pleno no que diq ue o Suplusa, presidido por Martínez, non está a cumprir coas encomendas e, polo tanto, a súa actividade debe ser asumida pola propia autoridade provincial.
O goberno da Deputación de Lugo invesigará o pacto entre Manuel Martínez e o Partido Popular polo que o deputado díscolo pasará a cobrar 57.000 euros anuais de SUPLUSA
Manuel Martínez apunta que o goberno da Deputación ao que el pertencía quere privatizar as residencias e suxire "compra de vontades" en Ribadeo.
  comenta   0
“Eu sei quen son, sei de onde veño e cara onde vou”, contéstalle Fernando Suárez que acusa ao deputado provincial aínda socialista, pero que vota co PP, de "desviar" a atención.
  comenta   3
No expediente disciplinario aberto a Manuel Martínez, ex vicepresidente da Deputación de Lugo, insístese na "súa indisciplina reiterada" e "manifestacións públicas con críticas explícitas ou implícitas".
  comenta   0
Piden que se abra un expediente de expulsión contra el por votar co PP de Lugo. Manuel Martínez amenazou xa con presentarse no seu concello como independente nas eleccións municipais do vindeiro ano.
  comenta   1
Manuel Martínez será expulsado do goberno da deputación, onde exercía como vicepresidente, e tamén do PSOE. É a segunda vez que isto acontece nos últimos tres anos, pero desta volta anuncia que non recorrerá a súa expulsión deste partido como xa fixera en anteriores ocasións.
  comenta   0
Fai un chamamento "á unidade" pero evita criticar a actitude do díscolo Manuel Martínez a quen dirixentes socialistas lucenses acusan de ter un pacto co PP para desestabilizar a Deputación de Lugo.
  comenta   0
Darío Campos pide a PP e Xunta que deixen de "enfangar" coas residencias que programa a Deputación de Lugo. Balseiro asegura que os socialistas teñen o "partido feito un avispero na provincia"
  comenta   0
O organismo provincial viviu un dos plenos máis tensos dos últimos meses logo de que o aínda deputado socialista Manuel Martínez decidira romper a disciplina de voto do seu partido. Con todo, a deputación utilizará un informe dos seus xuristas para aprobar os convenios que garanten residencias para os lucenses.
  comenta   1
Subliña que só se "aclarou" unha votación sen que iso signifique apoiar unha candidatura e dá o seu apoio á dirección de Lugo no conflito con Manuel Martínez.
  comenta   0
A retirada das competencias do deputado socialista da xestión de residencias --co apoio de todos os grupos-- tensa o goberno provincial de Lugo. O tamén alcalde de Becerreá lembra que tiña "un acordo" con Campos e avisa: "Se hai incumprimentos, terá que ser dos maiores afectados"
  comenta   1
O díscolo Martínez asume temporalmente a presidencia do ente, aínda que reitera que non aspira a presidila, como quería ao principio da lexislatura.
  comenta   0
Os socialistas votaron cos populares unha iniciativa impulsada por Manuel Martínez para que Campos deixe de ser o presidente do órgano urbanístico da deputación.
  comenta   0
O vicepresidente da Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, comentou este xoves que non descarta optar á Secretaría Provincial do PSOE lucense, cuxa dirección recae agora nunha xestora.
  comenta   1
O proceso remóntase a novembro de 2015 cando foi expulsado do Grupo Socialista na Deputación de Lugo e recibiu comunicación do inicio dos trámites para a súa saída do PSOE.
  comenta   1
A Xestora estatal do PSOE presume de ter animado a reincoporación do alcalde de Becerreá e cre que isto non implica "ningunha cesión, ningún sacrificio, nin ningunha decapitación".
  comenta   3
O presidente da Deputación asegura que se pon "o contaquilómetros a cero" e amosa a súa "confianza" e "lealdade" no edil socialista. Martínez será vicepresidente de Vías e Obras. Feijóo augura novos problemas do organismo provincial co BNG.
  comenta   4