Sobre os labores de busca, o delegado do Goberno na Comunidade expresou o compromiso "firme" do Executivo en "seguir buscando", polo que se estudan as "alternativas posibles", xa sexan con medios canadenses, "que están alí e coñecen ben o terreo", polo que serían os máis "idóneos", ou tamén con medios propios.
  comenta   0
A sentenza do Tribunal de Apelación noruegués nega que o estado escandinavo teña que abonar ningún tipo de pensión de retiro aos mariñeiros españois que traballaron na mercante dese país.Non obstante, a plataforma Long Hope anunciou que acudirán ao Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo se é necesario.
  comenta   0
Os antigos mariñeiros mercantes españois, entre eles 8.000 galegos, que reivindican pagas de retiro ao goberno noruegués, acudirán aos tribunais de Oslo en dúas semanas. O resultado deste xuízo será fundamental para outros colectivos que tamén reivindican os seus dereitos.
  comenta   0
As protestas de mariñeiros galegos que traballaron para a mariña mercante norueguesa está pondo en entredito a suposta equidade democrática nórdica. Tratados e documentos revelan que as autoridades do país escandinavo non gustaban de compartillar o seu tesouro público con traballadores de fóra.
  comenta   0