Galicia Confidencial fala hoxe con Uxía Otero González, doutora en Historia Contemporánea e investigadora posdoutoral do Grupo Histagra da USC, para reflexionar sobre os modos en que as mulleres, malia os intentos do réxime franquista por domesticalas, desafiaron as normas. "Cando vas os libros de multas, atopas que as mulleres tamén eran infractoras. Nun réxime ditatorial ateigado de normas, non parece difícil que algunhas ousasen transgredilas e tivesen que asumir as consecuencias", resalta.
  comenta   0
O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e a Seguridade Social a recoñecer unha subida salarial do 3,5 por cento que foi denegada a unha traballadora mentres gozaba do permiso por maternidade ao entender que constituíu unha discriminación por razón de sexo.
Así o denuncia o xinecólogo do Centro de Planificación Familiar de Vigo e presidente da Sociedade Galega de Contracepción (SOGAC), Javier Valdés-Pons, que está a atender, el só, como xinecólogo, a unha poboación de máis de 580.000 persoas.
  comenta   0
Un estudo revela que menos do 20% dos pais españois usa o permiso de paternidade de forma corresponsable, turnándose coa nai.
  comenta   0
Dende a asociación Arrolos de Teta Parvati Devi lamenta que "no sistema sanitario hai un buraco enorme no que respecta ás pautas para a lactancia materna". Tamén denuncia o problema dos permisos de maternidade, pois "a OMS di que un bebé debe lactar durante os 6 primeiros meses, pero os permisos duran 16 semanas".
  comenta   0
Cristian Mosquera Barjacoba ten 75 anos e, aínda traballando e con boa saúde, ten un gran soño: conseguir atopar e conectar cos seus parentes en Galicia, dos que non ten pistas, e aos que busca tratando de tirar de apelido: Mosquera.
  comenta   0
"A situación de insalubridade é total e absoluta", asevera Simega, que tamén sinala que este corredor se emprega como salga de espera de pacientes e familiares, e como zona de tránsito para sanitarios
  comenta   0
A loita contra a violencia machista e a discriminación salarial, entre as prioridades do escano galego na UE.
  comenta   0
O Xulgado do Social número 5 da Coruña condenou ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) a indemnizar por danos e prexuízos a un home que tivo que reclamar xudicialmente o complemento de maternidade para a súa pensión.
Atribuíu á formación morada logros tan "importantes" como "a lei do só si é si, a lei de vivenda, o plan de choque para reforzar o sistema de dependencia ou as baixas por maternidade e paternidade igualitarias"