O BOE vén de publicar os nomes das persoas mortas nos campos de concentración de Gusen, Mauthausen e Neu Stassfurt.
  comenta   0
Dous mil douscentos españois --só un de cada tres-- sobreviviron o campo de concentración de Mauthausen, entre eles, varios galegos. Trala liberación, tardaron décadas en volver ao Estado español, e moitos quedaron nos países de exilio, nomeadamente Francia. Hogano vive media ducia de centenarios, e só unha muller, que pasou polo campo de concentración.
"Mauthausen, regreso ao campo da morte". Este é o título dun documental da Televisión de Galicia no que o lucense Enrique Doval Reija guía o espectador polo campo de concentración no que sobreviviu durante máis de catro anos. Alí conviviu con checos, franceses ou italianos, ademais dos compatriotas e algún galego coma Joaquín Balboa, de Ourense.
Joaquín Balboa foi un republicano que sufriu a represión e a prisión tres veces; a dos franquistas en Barcelona, a dos franceses en Barcarés e a dos nazis en Mauthausen.
  comenta   0